Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de urbanización da rúa Senén Sobral e o seu contorno.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: urbanización da rúa Senén Sobral e seu contorno.

B) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 40.813.032 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

A) Provisional: 816.261 ptas.

B) Definitiva: 1.632.521 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono (986) 80 43 00. Telefax 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

A) Clasificación: grupo G (viais e pistas). Subgrupo 6 (obras viais sen cualificación específica). Categoría d (anualidade media entre 60 e 140 millóns de pesetas).

8. Presentación de ofertas.

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro mércores hábil seguinte ó do remate do prazo para a presentación de ofertas, ás 8.30 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documentos administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

Pontevedra, 22 de xullo de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6607