Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do 24 de xuño de 1997 acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle, presentado por JSM Inversiones Moaña, sen modificación sobre a aprobación inicial.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 124 do RDL 1/1992, do 26 de xuño, e faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el, recurso contencioso-administrativo ante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación ou publicación no DOG. No suposto de interpoñer recurso deberase comunicar previamente por escrito ó órgano que adoptou o acordo, segundo o que dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Moaña, 14 de xullo de 1997.

Xabier Abalo Costa

Alcalde

6573