Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, tramitación urxente, do servicio de realización de probas analíticas de laboratorios externos.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, tramitación urxente, do servicio de realización de probas analíticas en laboratorios externos.

Obxecto e orzamento: a fixación do prezo por unidade de proba da prestación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorios externos por un orzamento máximo de 9.496.221 ptas. (IVE incluído); este orzamento entenderase en termos anuais, e deberá ser rateado para períodos inferiores ó ano.

Prazo de execución: a realización do presente servicio terá lugar durante o ano 1997, e comezará a conta-lo prazo de execución desde a formalización do contrato ata o 31-12-1997 inclusive.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde de Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (Cod. postal 32300) Tfno: (988) 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación , por un importe de cento oitenta e nove mil novecentas vintecatro pesetas (189.924 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 18 da LCAP.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Control de calidade: ata 4 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Prazo de entrega e recollida: ata 3 puntos.

-Integración informática: ata 3 puntos.

-Situación do laboratorio na Comunidade Autónoma: ata 1 punto.

Admisión de variantes: admítense variantes sempre que se respecten as prescricións técnicas e supoñan melloras na prestación do servicio.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas o órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 1 de xullo de 1997.

Ramón Ares Rico

Director-xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras

6510