Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 27 de agosto de 1997 Páx. 8.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xullo de 1997 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar.

Por Orde do 26 de febreiro de 1997 (DOG do 1 de abril) convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión celebrada o día 15 de xullo de 1997, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de agosto de 1997, a completa xustificación dos gastos realizados.

De acordo co apartado sétimo da orde de convocatoria, esta xustificación de gastos farase en dúas partes: o 75% correspondente ós gastos realizados con anterioridade ó 30 de maio e o 25% restante, correspondente a gastos realizados ata o 30 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Concello de Cervantes: 459.000 pesetas.

Concello da Fonsagrada: 1.188.000 pesetas.

Concello de Quiroga: 1.188.000 pesetas.

Concello de Sarria: 2.146.000 pesetas.

Concello de Viveiro: 1.019.000 pesetas.

6152