Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/76-2-4760 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. aérea e Subt. río Cabe-vivendas sociais.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña aérea de media tensión a 20 kV, con conductor RHVS ou DHVS 3x1x150 +H16, cunha lonxitude de 0,141 km. Liña de media tensión subterránea, con conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 mm Al, para mellora do servicio eléctrico na zona, río Cabe-vivendas sociais, en Monforte de Lemos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6244