Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/10-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui.

Enderezo social: A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Palláns.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Ponte Romana, rematando no C.T. que se proxecta en Palláns, concello de Tui. C.T., de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministeriores, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 22 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abab

Delegado provincial de Pontevedra

6242