Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Sestelo y Cía.
Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: reforma L.M.T. Ponteareas-Mondariz tramo Bugarín-Prado.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.000 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existente de Bugarín rematando no C.T. existente de Prado, concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de xullo de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6240