Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., zona da Coruña, con enderezo na rúa Severo Ochoa 2, polígono da Grela-Bens, 15008 A Coruña, como entidade beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica principal aérea a 25/50 kV no termo municipal de Ponteceso, de 11.687 metros de lonxitude, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, orixe na liña subterránea ó centro de transformación Edificio Ponteceso e final na liña Carballo-Malpica; e liñas derivadas, nos termos municipais de Ponteceso e Malpica (expediente 1/1996).

A declaración de utilidade pública, en concreto, das referidas instalacións, que foi outorgada con data do 13-5-1996, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación desta resolución que se fará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Correo Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación indi

vidual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formular alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposta nesta delegación provincial, sección de Expropiacións, no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, a solicitude e planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan

destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios de que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación provincial, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 8 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 1/1996Provincia: A Coruña

Liña: LMT Ponteceso-Malpica e derivadasTermo municipal: Ponteceso

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1XuncalLabradíoAlejo Blanco CundinsEduardo Pondal, 62

15110 Ponteceso

40400

3XuncalLabradíoLuis Cancela PoseCerezo, 10

15110 Ponteceso

12120

4XuncalLabradíoRosalía Parga AlborjaAduana, 2

15110 Ponteceso

18180

12XuncalLabradíoCarmen Varela MoreiraA Bouza, 22

15110 Ponteceso

1/2 nº 21420

47Castro de LesteMonte altoJosé Mato AmadoRequián

15319 Betanzos

18144

63Castro de LesteMonte altoAndrés Pérez RialEzcurdia, Edif. Urogallo II,

137-4º B, 33203 Xixón-A

30480

82A FonteíñaMonte altoMercedes Cotelo Figueroa

Tella, Bar O Farolo

15110 Ponteceso

770

83A FonteíñaMonte altoManuel Suárez AnidoLestemoño, 45

15110 Ponteceso

1963136

94As CovasMonte altoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

14, 1521322112

112As MoreirasLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

18210140

113Agra do MuíñoLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

28392

114Agra do MuíñoLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

50700

116Agra do CastroLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

74740

120Agra do CastroLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño, 20

15110 Ponteceso

32320

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

121Agra do CastroLabradíoEduardo Romay NovoPazos, 12

15110 Ponteceso

10100

132Agra do CastroLabradíoErnesto Castro SoutoAgra del Orzán, 1-5º D

15010 A Coruña

2021470

199CoresLabradíoEvaristo Álvarez CarrilCores, 23,

15110 Ponteceso

292440

200CoresLabradíoCarmen Villar BaneiraCarrio, 8

15165 Bergondo

16224

6218