Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó centro de proceso de datos. (Expediente 19/97).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para o

desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34. Expediente 19/97.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

O prazo de execución será de 3 meses e medio a partir da data do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintetrés millóns cincocentas dezaseis mil cen pesetas (23.516.100 ptas.) IVE incluído, que se dividen nos seguintes lotes:

Lote 1: 16.208.100 ptas.

Lote 2: 3.654.000 ptas.

Lote 3: 3.654.000 ptas.

5. Garantía provisional:

Lote 1: 324.162 ptas.

Lote 2: 73.080 ptas.

Lote 3: 73.080 ptas.

Total: 470.322 ptas.

6. Clasificación: só no caso de presentar proposición conxunta ós tres lotes, a clasificación necesaria será: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

7. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano , s/n, C.P. 15704, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 41 34; telefax: 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte á publicación do anuncio no DOG e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda,

Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas no acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 10 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

6519