Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0005616/97 interposto por Centro Lugo, S.L.

O 15 de xullo 1997, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0005616/1997, interposto por Centro Lugo, S.L., contra desestimación presunta pola Consellería de Cultura e Comunicación social de recurso ordinario de 20-2-1997 contra resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 13-1-1997 de indemnización por gastos de escavacións arqueolóxicas no soar do edificio Pazo da Maza, Rúa Nova, Lugo.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do citado expediente administrativo á referida Sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos (me

diante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

6170