Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 26 de agosto de 1997 Páx. 8.164

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 226/1997, do 25 de agosto, polo que se establecen normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizará nas eleccións ó Parlamento de Galicia.

Como consecuencia da celebración de eleccións ó Parlamento de Galicia e das modificacións producidas na lexislación referente ó material que se utiliza nos procesos electorais de ámbito nacional desde o ano 1989, é aconsellable a adaptación da lexislación autonómica ás modificacións mencionadas, tendo como marco legal a Lei orgánica 5/1985, do 19 xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 de abril, pola Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo, pola Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro, pola Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, pola Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, pola Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro e pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, así como a Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, e tendo en conta, tamén, o Real decreto 421/1991, do 5 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de

abril.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Locais electorais.

Os locais que se utilicen nas eleccións ó Parlamento de Galicia serán preferentemente de titularidade pública e de entre eles os de carácter docente, cultural ou recreativo, de fácil acceso desde a vía pública e perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas para facilita-lo exercicio do dereito ó sufraxio e, en todo caso, reunirán as condicións de idoneidade necesarias para o seu fin.

Artigo 2º.-Urnas.

Cada mesa electoral disporá dunha urna que será transparente, con tapa de cor azul e que verificará as características que figuran no anexo I do Real decreto 421//1991, do 5 abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ó dispor dos votantes unha segunda urna, coas características sinaladas no parágrafo anterior. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se encontra baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, procedéndose a partir dese momento a utilizar a segunda urna.

De producirse a ruptura ou deterioración do precinto da urna, o presidente da mesa asegurará o pecho dela con calquera elemento que teña ó seu dispor.

En canto á subministración dos citados elementos, haberá que aterse ó disposto no artigo 2.3º do Real decreto 421/1991, do 5 de abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais.

Artigo 3º.-Cabinas de votación.

No mesmo cuarto no que se desenvolve a votación, e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral, existirá, polo menos, unha cabina na que o votante poderá selecciona-las papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. De par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas verificarán as características que figuran no anexo II do Real decreto 421/1991, do 5 de abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se dictan normas reguladoras dos procesos electorais.

Artigo 4º.-Papeletas e sobres electorais.

As papeletas e sobres electorais redactados en galego e en castelán serán de cor branca e conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, e as que se establecen no artigo 70.1º da Lei orgánica 5/1985, do 19 xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 abril, pola Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo, pola Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro, pola Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, pola Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, pola Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro e pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II.

Os delegados da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou as persoas que os substitúan porán ó dispor dos presidentes das mesas electorais papeletas e sobres en número suficiente.

Artigo 5º.-Impresos electorais.

Apróbanse os modelos de impresos que figuran nos anexos do I ó X, que serán de utilización obrigatoria en tódolos trámites e operacións do proceso electoral.

Os impresos ós que se fai referencia no apartado anterior terán carácter oficial e serán facilitados, en tempo, pola Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Disposicións adicionais

Primeira.-Serán igualmente válidos ademais dos impresos EPG 4.2. e EPG 4.3. os emitidos pola Oficina do Censo Electoral que aparezan coa numeración 6.2. e 6.3. respectivamente.

Segunda.-Os impresos EPG 7.1., EPG 7.2. e EPG 7.3. requiren a aprobación da Xunta Electoral de Galicia para a súa validez, polo cal non se publican no anexo X.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 199/1993, do 23 de agosto, polo que se establecen normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizará nas eleccións ó Parlamento de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Relación de impresos para as eleccións ó Parlamento de Galicia

ANEXO I

Papeletas de votación

EPG 1.1. Papeletas de votación.

ANEXO II

Sobres

EPG 2.1. Sobres para papeletas de votación ó Parlamento de Galicia.

ANEXO III

Coalicións electorais e presentación de candidaturas

EPG 3.1. e 3.1.a. Comunicación da constitución da coalición electoral.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia.

EPG 3.3. Presentación de candidatos por agrupación de electores.

EPG 3.3.a. Electores que presentan ás personas antes consignadas.

ANEXO IV

Documentación para o voto por correo

EPG 4.1. Solicitude para o voto por correo. Impreso múltiple.

EPG 4.2. Certificado da Oficina do Censo Electoral de estar inscrito no censo.

EPG 4.3. Comunicación da Oficina do Censo Electoral de non figurar inscrito na lista de electores.

EPG 4.4. Sobre para dirixir ó presidente da mesa electoral.

EPG 4.5. Sobre para remisión da documentación de voto por correo.

EPG 4.6. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no censo especial de residentes ausentes no estranxeiro.

EPG 4.7. Sobre para remisión de documentación voto por correo ós inscritos no censo especial de residentes ausentes no estranxeiro.

EPG 4.8. Sobre para envío á delegación provincial da Oficina do Censo Electoral para solicitar certificado de inscrición no censo electoral.

ANEXO V

Designación de membros das mesas electorais

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vocais e suplentes.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral de Zona correspondente da formación de mesas electorais.

EPG 5.4. Nomeamento de membros da mesa. Impreso múltiple.

EPG 5.4.a. Xustificante da recepción do nomeamento polo interesado.

EPG 5.4.b. Comunicación de datos de identificación ó xuíz.

EPG 5.4.c. Copia da comunicación dos datos de identificación.

EPG 5.5. Comunicación a xuíces da composición das mesas.

EPG 5.6. Citación definitiva de presidentes e vocais.

EPG 5.7. Sobre para incluí-lo impreso anterior.

ANEXO VI

Nomeamento de interventores e apoderados

EPG 6.1. Impreso múltiple de nomeamento de interventores (matriz).

EPG 6.1.a. Credencial de nomeamento de interventor.

EPG 6.1.b. Comunicación ó presidente da mesa da que forma parte.

EPG 6.1.c. Comunicación ó presidente da mesa electoral na que figure inscrito o interventor nomeado.

EPG 6.2. Impreso múltiple de nomeamento de apoderados (matriz).

EPG 6.2.a. Credencial de nomeamento de apoderado.

EPG 6.3. Sobre para remisión do nomeamento de interventor ó presidente da mesa electoral.

ANEXO VII

Documentación das mesas electorais

EPG 7.1. Acta de constitución da mesa electoral. Impreso múltiple.

EPG 7.2. Acta de escrutinio. Impreso múltiple.

EPG 7.3. Acta de sesión. Impreso múltiple.

EPG 7.4. Lista de votantes (primeira folla).

EPG 7.4.a. Lista de votantes (segunda folla e seguintes).

EPG 7.5. Sobre número 1 de documentación para xuíces.

EPG 7.6. Sobre número 2 de documentación para xuíces.

EPG 7.7. Sobre número 3 de documentación para o servicio de correos.

EPG 7.8. Xustificante de recepción, polo xuíz correspondente, dos sobres 1 e 2.

EPG 7.9. Xustificante de recepción polo funcionario de correos correspondente do sobre 3.

EPG 7.10. Certificado acreditando que non foi admitido o voto por falta de identificación do elector ou por non figurar inscrito no censo. Impreso múltiple.

ANEXO VIII

Nomeamento de representantes da Administración

EPG 8.1. Impreso múltiple de nomeamento de representante da Administración (credencial).

EPG 8.1.a. Credencial para a mesa electoral.

ANEXO IX

Credencial de deputado

EPG 9.1. Credencial de deputado do Parlamento de Galicia.

ANEXO X

Modelos oficiais

Relación de impresos e características para as eleccións ó Parlamento de Galicia

ANEXO I

EPG 1.1. Papeletas de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 105x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara. Os tipos de letra serán idénticos para cada candidato.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO II

EPG 2.1. Sobres de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE C-6 114x162 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado poderá estar indistintamente na parte

do cerre ou ó longo de toda a lapela. Servirá calquera modelo, independentemente da forma da súa lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO III

Coalicións electorais e presentación de candidaturas

EPG 3.1. e 3.1.a. Comunicación da constitución da coalición electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-3, 420x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 3.3. Presentación de candidatos por agrupación de electores.

Características:

Cor e tonalidade: branco, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 3.3.a. Electores que presentan as persoas antes consignadas.

Características:

Cor e tonalidade: branco, en cualquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO IV

Documentación para o voto por correo

EPG 4.1. Solicitude para o voto por correo. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 4.4. Sobre para dirixir ó presidente da mesa electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x176 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará ó longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 4.5. Sobre para remisión documentación voto por correo.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en cualquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185x262 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 4.6. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no censo especial de residente ausentes no estranxeiro.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x176 mm, deberá ter fondo azul en calquera tonalidade e o engomado estará ó longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 4.7. Sobre para remisión de documentación voto por correo ós inscritos no censo especial de residentes ausentes no estranxeiro.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en cualquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185x262 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, a 3 tintas por unha cara e en tinta negra, pola outra cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 4.8. Sobre para envío á delegación provincial da Oficina do Censo Electoral solicitando certificado de inscrición no censo electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x176 mm, deberá ter fondo azul en calquera tonalidad e o engomado estará ó longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO V

Designación de membros das mesas electorais

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vocais e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral de zona correspondente da formación de mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.4. Nomeamento de membros de mesa. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.4.a. Xustificante de recepción do nomeamento polo interesado.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.4.b. Comunicación de datos de identificación ó xuíz.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.4.c. Copia comunicación datos identificación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.5. Comunicación a xuíces da composición das mesas.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.6. Citación definitiva de presidentes e vocais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 5.7. Sobre para incluí-lo impreso anterior.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185x262 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO VI

Nomeamento de interventores e apoderados

EPG 6.1. Impreso múltiple de nomeamento de interventores (matriz).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.1.a. Credencial de nomeamento de interventor.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.1.b. Comunicación ó presidente da mesa da que forma parte.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.1.c. Comunicación ó presidente da mesa electoral na que figure inscrito o interventor nomeado.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.2. Impreso múltiple de nomeamento de apoderados (matriz).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.2.a. Credencial de nomeamento de apoderado.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado e con reserva.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 6.3. Sobre de remisión do nomeamento de interventor ó presidente da mesa electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x176 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará ó longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO VII

Documentación mesas electorais

EPG 7.1. Acta de constitución da mesa electoral. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-3, 420x297 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.2. Acta de escrutinio. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-3, 420x297 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana de engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.3. Acta da sesión. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-3, 420x297 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla,

con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.4. Lista de votantes (primeira folla).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.4.a. Lista de votantes (segunda folla e seguintes).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas caras.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.5. Sobre número 1 de documentación para xuíces.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 350x250 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 90 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.6. Sobre número 2 de documentación para xuíces.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 350x250 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 90 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.7. Sobre número 3 de documentación para o servicio de correos.

Características:

Cor e tonalidade: cor tabaco, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 350x250 mm. Peche autoadhesivo.

Gramaxe aproximada: Papel Kraft verxurado de 90 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.8. Xustificante de recepción polo xuíz correspondente dos sobres 1 e 2.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.9. Xustificante de recepción polo funcionario de correos correspondente do sobre 3.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra en tinta negra por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 7.10. Certificado acreditando que non foi admitido o voto por falta de identificación do elector ou por non figurar inscrito no censo. Impreso múltiple.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 200x120 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO VIII

Nomeamento de representantes da Administración

EPG 8.1. Impreso múltiple de nomeamento de representante da Administración (credencial).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

EPG 8.1.a. Credencial para a mesa electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 40-60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, con papel carbón, químico ou eurocalco, con pestana ou engomado.

Texto bilingüe: galego, en normal; castelán, en cursiva e ámbolos dous no mesmo tipo de letra.

ANEXO IX

Credencial de deputado

EPG 9.1. Credencial de deputado do Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 250 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, a 4 tintas, por unha soa cara.

6605