Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.148

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a Sigfredo Federico Pagel (praza 62/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 8 de novembro de 1996 (BOE do 10 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de Sigfredo Federico Pagel, N.I.E. nº X-0889370-Y, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, e uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Sigfredo Federico Pagel profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 23 de xullo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6130