Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1997 referente á convocatoria para prover unha praza de técnico medio de Administración especial.

No BOP de Lugo, número 166, do 21 de xullo de 1997, publícanse integramente as bases da convocatoria para cubrir unha praza de técnico medio de Administración especial, por promoción interna, vacante neste concello.

Esta praza está clasificada no grupo B, para os efectos do artigo 25 da Lei 30/1984.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte día ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Friol, 11 de agosto de 1997.

Antonio Muíña Pena

Alcalde