Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 27 de xuño de 1997, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura perpendicular a Fermín Mosquera en 1ª fase, redactado pola arquitecta Lydia Fernández Docampo, aprobado inicialmente na sesión plenaria celebrada o 23 de xullo de 1996, e incorporando unicamente a alegación relativa ás dimensións da praza, que serán de 34x26 metros.

O que se fai público para a efectividade del, en cumprimento do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

Caldas de Reis, 1 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

5522