Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.103

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 224/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración de sistemas informáticos.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lle corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1660/1994, do 22 de xullo, estableceu o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido pro

fesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

Fíxase tamén o proxecto integrado. Este permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais do ciclo formativo. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, adquire coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno pro

ductivo en que está o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo e co proxecto integrado, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e coa deliberación previa do Goberno,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de Técnico Superior en Administración de sistemas informáticos regulado polo Real decreto 1660 de 1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas, e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións, e criterios de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículo do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

As materias de bacharelato que se deberon cursar para o acceso directo a este ciclo formativo son as que se expresan no apartado 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan, se é o caso, no apartado 4.2.2 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

Os requisitos mínimos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son as que se determinan no apartado 4.3 deste decreto

Artigo 8º

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado 4.4.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se fose o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 9º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.5 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a

distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.

Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación.

1.1. Denominación: administración de sistemas informáticos.

1.2. Nivel: formación profesional de grao superior.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2000 horas (equivalente a 5 trimestres de formación en centro educativo como máximo, maila formación en centro de traballo correspondente).

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Implantar, explotar e manter en requirimentos de baixo e medio nivel os sistemas informáticos nos que se apoia a xestión e administración da empresa, prestándolles soporte directo ou de primeira liña ós usuarios finais e aplicando e cumprindo os requisitos legais vixentes no sector.

Este técnico actuará, se fose o caso, baixo a supervisión xeral de enxeñeiros ou licenciados e/ou enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidades técnicas:

-Organizar, administrar e controla-los servicios en sistemas informáticos monousuario, multiusuario e en rede.

-Instalar e configurar sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.

-Implantar e integrar software de aplicación, específico e/ou de propósito xeral no sistema informático.

-Interpretar e aportar solucións ás necesidades e requirimentos funcionais formulados polo/s usuarios.

-Establecer e aplicar procedementos que aseguren a integridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información.

* Capacidades para afrontar continxencias:

-Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as actuacións propias ou as doutros, identificando e seguindo as normas procedentes establecidas, dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións organizativas, económicas ou de seguridade son importantes.

-Actuar ante situacións de posible emerxencia informando e solicitando axuda a quen proceda, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando con seguridade e eficacia os distintos sistemas, medios ou equipos para previlas ou corrixilas.

* Capacidades para a dirección de tarefas:

-Coordina-la posta en marcha de redes de área local e a conexión a sistemas informáticos en redes extensas.

-Organizar e administra-los recursos informáticos, compartidos e non compartidos, atendendo ás necesidades e/ou requirimentos da empresa.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Definir e propoñer cambios e melloras no sistema e aplicacións encamiñados a optimiza-las prestacións do sistema informático, manténdose informado das innovacións, tendencias, tecnoloxía e normativa aplicable.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacións que concirnen co carácter xeral, as capacidades de autonomía en:

-Organización e control dos servicios en sistemas informáticos de tipo medio (ordenadores PC's e/ou minis) operando en contornos monousuario, multiusuario e/ou conectados en rede local.

-Supervisión da entrega e aceptación de material informático (equipos, productos software e soportes de información).

-Instalación, configuración e integración de productos software no sistema.

-Instalación e configuración de equipos (ordenadores e periféricos) en contornos monousuario e multiusuario.

-Deseño e realización de probas de equipos e programas.

-Establecemento de procedementos para a seguridade e protección do sistema e a información.

-Identificación de problemas na utilización do sistema, derivados da instalación e/ou configuración errónea de equipos e programas.

-Control do mantemento operativo ou preventivo realizado ós equipos e instalacións.

-Realización de guías, manuais e programas que lle faciliten ó usuario/cliente a explotación do sistema e/ou as aplicacións.

-Elaboración de informes técnicos sobre as prestacións de novos equipos e programas para a toma de decisións polo usuario/cliente.

2.4. Unidades de competencia.

1. Implantar e administrar sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.

2. Implantar e administrar redes locais e xestiona-la conexión do sistema informático a redes extensas.

3. Implantar e facilita-la utilización de paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas.

4. Propoñer e coordinar cambios para mellora-la explotación do sistema e as aplicacións.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: implantar e administrar sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Xestiona-la execución e/ou renovación da instalación dos ordenadores e periféricos atendendo ós servicios requiridos polos usuarios e aprobados pola dirección.-Compróbase que os compoñentes do sistema, tanto físicos como lóxicos, cumpren as características demandadas e expresadas no pedido.
-Os requirimentos de corrente e temperatura e as posibilidades de ampliación e conexión a outros sistemas e canles de comunicación son identificados antes de aborda-la súa instalación.
-Os planos de instalación e diagramas de conexións para os equipos son conformes ás necesidades do usuario e ás características de funcionamento dos equipos.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os equipos son instalados conforme ó plano.
-Compróbase a instalación mediante o acendido e arrincada de equipos na orde prescrita e verifícanse as conexións.
-Resólvense as incidencias ou problemas acaecidos na execución ou proba da instalación consultando os servicios técnicos.

1.2. Realiza-las adaptacións necesarias na configuración física do sistema de acordo cos parámetros de funcionamento establecidos.-Identifícanse os elementos e as súas características que hai que engadir ou cambiar para obte-las prestacións de servicio demandadas ó sistema.
-Realízanse diagramas ou esquemas para a configuración física identificando os compoñentes que é necesario engadir e/ou modificar.
-Realízase a configuración segundo os procedementos establecidos tendo en conta a documentación técnica do producto.
-Compróbase que o funcionamento de equipos é conforme á configuración física instalada.
-Resólvense as incidencias ou problemas acaecidos na execución ou proba da configuración consultando os servicios técnicos.

1.3. Xera-lo software de base de acordo coas necesidades e requirimentos da empresa.-Identifícanse os requirimentos de instalación e xeración do software de base.
-Establécese o procedemento de xeración máis adecuado atendendo a parámetros de operatividade, seguridade e coexistencia con outros productos software xa instalados.
-Lévase a cabo a xeración do soft-base na modalidade escollida para operar na empresa e seguindo o procedemento establecido.
-Verifícase a correcta instalación do soft-base probando as súas funcións de acordo coa guía de usuario.
-Realízanse os cambios necesarios no soft-base para soportar novos periféricos.

1.4. Organizar e administra-la utilización dos recursos do sistema, garantindo a súa dispoñibilidade ós usuarios.-Interprétanse os requirimentos de explotación do sistema.
-Defínense e asígnanse valores a variables de usuario e do sistema de acordo co contorno de traballo requirido.
-Créanse ficheiros de comandos para mecanizar ou automatiza-la execución de tarefas rutineiras.
-Engádense e elimínanse dispositivos segundo o requiran os traballos que se van realizar.
-Contrólanse os procesos en execución.
-Establécense procedementos de arrincada e parada do sistema.
-Créanse procedementos que permiten a conexión de usuarios ó sistema con contornos de traballo personalizados.
-Establécense permisos de acceso e uso da información e de dispoñibilidade dos recursos do sistema para tódolos usuarios, atendendo ás directrices marcadas.

RealizaciónsCriterios de realización

-Organízanse e mantéñense sistemas de arquivos asegurando a dispoñibilidade de información requirida polos usuarios.
-Utilízanse eficazmente as posibilidades de xestión do procesador e de xestión de E/S.
-Establécense normas para a codificación/catalogación de arquivos de uso compartido.

1.5. Establecer procedementos para mante-la información coa integridade, dispoñibilidade e seguridade requirida.-Obtéñense copias de seguridade do soft-base, aplicacións en explotación e ficheiros e bases de datos coa periodicidade e nos casos establecidos.
-Realízanse copias dos datos de interese para o seu arquivo off-line.
-Instálase software para a prevención de fallos que afecten á integridade dos datos e á lóxica de procesos.
-Aplícanse procedementos para mante-la integridade de datos almacenados en distintos soportes de almacenamento.
-Aplícanse técnicas de encriptación/codificación sobre información almacenada atendendo a criterios de confidencialidade.

1.6. Analiza-las prestacións do sistema, unha vez implantadas as aplicacións, co fin de aportar melloras na súa explotación.-Compróbase que os formatos e servicios de presentación en pantalla, así como os servicios e cualidade de impresión son conformes cos requirimentos dos usuarios.
-Establécense procedementos para controlar e rexistra-los accesos ó sistema e recursos empregados.
-Obtéñense medidas e estatísticas sobre a ocupación de espacios de almacenamento, carga das liñas de comunicacións, carga do procesador a distintas horas da xornada coas utilidades do sistema.
-Estúdiase o plano de distribución da carga do sistema e do espacio de almacenamento que optimice o rendemento da explotación.

1.7. Mante-la operatividade do sistema comprobando o funcionamento coa periodicidade establecida. -Utilízase software de diagnóstico para verifica-lo funcionamento correcto do sistema e identifica-las causas das anomalías, se as houbera.
-Realízase o mantemento preventivo dos equipos conforme os procedementos descritos na información do producto.
-Aplícanse os procedementos para restablece-la operatividade do sistema ante fallos causados polo software.

Dominio profesional.

* Información (natureza, tipo e soportes): planos de instalación. Información sobre instalación de equipos e software de base. Estatísticas sobre rendemento do sistema. Información sobre a configuración física e lóxica do sistema informático. Manuais técnicos e de operación de equipos. Manuais de referencia e operación de sistemas operativos. Normas de organización e codificación da información. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyrights.

* Medios de producción e/ou tratamento da información: equipos informáticos: ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento. Equipos para comunicacións (módems, tarxetas multiserie, repetidores, concentradores, multiplexores,...).

Software: sistemas operativos monousuario e multiusuario. Utilidades/programas para comunicacións. Utilidades/programas para a organización, protección e recuperación da información. Software de diagnóstico de fallos.

* Procesos, métodos e procedementos: procedementos de instalación de equipos e software de base. Procedementos de organización da información e do seu almacenamento en soportes magnéticos, ópticos e magneto-ópticos. Planificación e desenvolvemento de procedementos que faciliten a explotación dos recursos do sistema. Planificación e desenvolvemento de procedementos de acceso a recursos compartidos. Operación e uso de sistemas de copias de seguridade. Operación e uso de programas para a prevención de erros causados por uso de software defectuoso. Operación e uso de software de diagnóstico e avaliación de rendemento do sistema. Utilización de fontes de referencia, manuais, etc. Interpretación de mensaxes.

* Principais resultados do traballo: sistema informático instalado e configurado. Integración no sistema informático de utilidades que faciliten a súa explotación. Dispoñibilidade no sistema informático dos contornos de traballo requiridos por usuarios e aplicacións. Obtención dun óptimo rendemento na operatividade do sistema informático.

* Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio: usuarios finais. Empresas provedoras de equipos informáticos e software de base.

Unidade de competencia 2: implantar e administrar redes locais e xestiona-la conexión do sistema informático a redes extensas.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Determina-la topoloxía de rede local máis adecuada de acordo coas necesidades do usuario, espacios e localización.-Identifícanse os recursos dispoñibles (superficie do local, equipos informáticos, mobiliario, servicios de distribución de enerxía e comunicacións).
-Identifícanse os productos do mercado que responden ós requirimentos e restriccións do usuario.
-A elección do tipo e características da rede que se vai instalar adecúase ás necesidades e medios dispoñibles polo usuario.
-Elabóranse diagramas xerais e detallados necesarios para a instalación dos cables, servidores, estacións de traballo e unidades de conexión da rede local.

2.2. Xestionar e supervisa-la execución da instalación de cables e unidades de conexión cumprindo co orzamento, prazos de realización e os requirimentos solicitados.-Selecciónase o servicio de instalación que máis se axusta ó orzamento e prazos de realización establecidos.
-A rede instálase de acordo coas especificacións e o plano establecido.

RealizaciónsCriterios de realización

-Realízanse probas unitarias e de conxunto para verificar que a instalación se axusta ós requirimentos solicitados.

2.3. Integrar servidores e postos de traballo na rede para comparti-la información e periféricos atendendo ás demandas do usuario.-Prepáranse e xéranse servidores de ficheiros, servidores de impresión e servidores de comunicacións.
-Compróbase que a interacción entre servidores e postos de traballo é a requirida.
-Xerouse o shell para cada tipo de estación de traballo.

2.4. Administra-los recursos da rede garantindo a súa dispoñibilidade ós usuarios.-Establécense os procedementos de arrincada/parada de servidores.
-Son establecidos e mantidos os dereitos de acceso e utilización dos recursos da rede para cada usuario.
-Organízanse e mantéñense volumes e sistemas de arquivos, atendendo á dispoñibilidade de información requirida polos usuarios e cumprindo cos sistemas de codificación/catalogación para arquivos compartidos.
-Obtéñense respaldos do software de rede, aplicacións, ficheiros e bases de datos en rede coa periodicidade e nos casos establecidos.
-O rendemento e calidade dos servicios prestados pola rede ós usuarios son óptimos en todo momento.

2.5. Xestionar e supervisa-la conexión a servicios de comunicación de datos públicos e privados que dean resposta ás necesidades da empresa.-Identifícanse necesidades de comunicación, acceso de datos, documentos e outros da empresa co exterior.
-Infórmase dos servicios existentes, detallando as súas características: calidade, custo e viabilidade.
-Determínanse os medios e equipos de conexión máis adecuados trala consulta a provedores de servicios en telefonía e transporte de datos.

2.6. Realizar operacións periódicas de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento do sistema de comunicacións.-Identifícanse as causas do funcionamento anómalo do sistema utilizando soft de diagnóstico.
-Realízase o mantemento preventivo dos equipos (módems, convertedores, centros de cables, cables e conectores) conforme os procedementos descritos na información técnica do producto.
-Notifícanse fallos de funcionamento observados nos equipos a servicios de mantemento para a súa reparación.
-Establécense procedementos para a recuperación do sistema ante caídas e/ou fallos.
-Resólvense os fallos detectados no software con prontitude.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): manuais de instalación, referencia e uso de equipos e software da rede ou redes locais utilizadas. Información sobre servicios de comunicación de datos públicos e privados. Información sobre equipos e software utilizables nun contorno de rede. Información sobre interconexión de redes. Información sobre interfaces e protocolos

de comunicación. Información sobre os recursos do sistema informático. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyrights.

* Medios de producción e/ou tratamento da información: equipos informáticos: Ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento. Equipos para comunicacións (módems, convertedores, centros de cables, conectores, concentradores, multiplexores, repetidores...).

Software: sistemas operativos monousuario, multiusuario, de rede. Utilidades/programas para comunicacións. Utilidades/programas para a organización, protección e recuperación da información. Software de diagnóstico de fallos.

* Procesos, métodos e procedementos: procedementos de instalación de equipos e software en contornos de rede local. Procedementos de organización da información e do seu almacenamento en soportes magnéticos, ópticos e magneto-ópticos. Planificación e desenvolvemento de procedementos que faciliten a explotación dos recursos compartidos do sistema. Operación e uso de sistemas de copias de seguridade. Operación e uso de programas para a prevención de erros causados por uso de software defectuoso. Operación e uso de software de diagnóstico e avaliación de rendemento do sistema. Utilización de fontes de referencia, manuais... etc. Interpretación de mensaxes.

* Principais resultados do traballo: sistema informático en rede local instalado, configurado e coas prestacións demandadas. Dispoñibilidade no sistema informático dos contornos de traballo requiridos por usuarios e aplicacións. Conexión do sistema a centros de comunicacións remotos.

* Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio: usuarios finais. Empresas provedoras de equipos informáticos e software de base. Empresas provedoras de servicios de telefonía e transporte de datos.

Unidade de Competencia 3: implantar e facilita-la utilización de paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Instalar aplicacións de propósito xeral e específico cumprindo as prestacións funcionais requiridas polo usuario.-Compróbase que os recursos de hardware e software do sistema informático en uso cumpren cos requirimentos para a instalación do novo paquete.
-Séguense correctamente as instruccións de instalación.
-Elabórase o plano de probas funcionais e de usuario final que verifica que os programas instalados satisfán as necesidades do usuario.

3.2. Preparar guías de usuario final para evitar unha explotación inadecuada do software de aplicación.-Redáctase de forma clara e concisa o contido das guías.
-Inclúense procedementos para a explotación eficaz das funcións do software de aplicación, complementando a incluída no producto.

RealizaciónsCriterios de realización

-Inclúense procedementos para intercambiar datos con outros paquetes de software xa en explotación.
-Inclúense procedementos de acceso e explotación das bases de datos da empresa.
-Inclúense procedementos para arquivar e recuperar datos e documentos adecuadamente.
-Inclúense procedementos para configura-lo contorno de traballo da aplicación ó demandado polo usuario.

3.3. Preparar e impartir cursos a usuarios de adestramento no software de aplicación.-Os materiais e métodos utilizados son apropiados para o usuario.
-Os exemplos e exercicios son ilustrativos das capacidades do paquete e significativos para o usuario.

3.4. Prestar asistencia ós usuarios resolvendo os problemas que se presenten durante a explotación das aplicacións.-Corríxense fallos inesperados en requirimentos de baixo e medio nivel.
-Préstase axuda continua ós usuarios resolvendo as súas dificultades prácticas.
-Iníciase a novos usuarios na explotación das aplicacións.

3.5. Avaliar paquetes de software multiuso e específico que aporten melloras ó proceso de datos da empresa.-Identifícanse necesidades de proceso e presentación de información demandadas polos usuarios
-As opcións de tratamento de datos que ofrece o paquete de software estudiáronse desde a óptica da súa utilidade na empresa.
-Compróbase que o software analizado pode operar co(s) formato(s)/codificación dos datos usados na empresa.
-Determínanse necesidades de hardware e software para cada paquete e aplicación.
-Elabóranse informes sobre a conveniencia de incorpora-lo software analizado a explotación na empresa, que permitan a toma de decisións.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): manuais de referencia e uso de paquetes software de propósito xeral e de aplicacións específicas. Información sobre os recursos do sistema informático. Demandas de proceso e presentación de información polos usuarios. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyrights.

* Medios de producción e/ou tratamento da información: equipos informáticos: ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento.

Software: sistemas operativos. Software de rede. Software de aplicación (xeral e específico).

* Procesos, métodos e procedementos: instalación de software de aplicación xeral e específica. Probas de prestacións, rendemento... sobre paquetes de soft

ware. Preparación de material de apoio ó usuario. Procedementos de ensino-aprendizaxe de aplicacións. Métodos de elaboración de documentación técnica. Interpretación de mensaxes. Procedementos establecidos nas fontes de información das aplicacións.

Principais resultados do traballo: software de aplicación instalado e adaptado ás necesidades da empresa. Usuarios formados no seu funcionamento. Informes técnicos sobre aplicacións. Manuais de explotación de aplicacións.

* Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio: usuarios finais. Empresas provedoras de software de aplicación.

Unidade de competencia 4: propor e coordinar cambios para mellora-la explotación do sistema e as aplicacións.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Formular tecnicamente os cambios e melloras necesarios no sistema e/ou aplicacións para proporcionar criterios de decisión á persoa autorizada.-Detéctanse as carencias e dificultades de explotación do sistema e das aplicacións observadas e suxeridas polos usuarios.
-Defínense de forma clara e concisa as funcións, prestacións e recursos dos cambios e melloras que hai que programar.
-Infórmase sobre as vantaxes que aportaría ó proceso de datos a incorporación do novo producto indicando prestacións, custos e servicios necesarios.

4.2. Realizar, ó seu nivel, os cambios propostos no sistema e/ou aplicacións de acordo coas prestacións requiridas.-Identifícanse os ficheiros e/ou utilidades do sistema implicados na realización dos cambios propostos.
-Utilízase a interface de programación dispoñible no sistema, se procede.
-O funcionamento do sistema e/ou aplicación non resulta afectado durante a realización dos cambios e melloras.

4.3. Realizar probas funcionais e de usuario previas á implantación dos cambios desenvolvidos no sistema e/ou aplicacións.-A configuración e/ou operatividade do sistema e/ou aplicacións non se ve afectada durante a realización das probas.
-Os datos utilizados e as condicións de realización das probas permiten verifica-la resposta ante situacións de erro.
-A proba verifica que a entrada, acceso e producción de datos é a requirida.

4.4. Elaborar e mante-la documentación e guías de usuario descritivas dos cambios e melloras introducidos no sistema e/ou aplicacións segundo as normas e procedementos establecidos.-Cúmprese coas normas e procedementos de documentación establecidos.
-Elaboran as guías de usuario de forma sinxela e entendible para facilita-lo seu uso e aplicación.
-A información describe as estructuras de control, datos e características do sistema utilizados no cambio introducido e é interpretada facilmente por terceiras persoas.

Dominio profesional

* Información (natureza, tipo e soportes): manuais de referencia de linguaxes de programación, xeradores de código, linguaxes de consulta de bases de datos. Manual de uso de traductores e depuradores de código. Documentación das aplicacións instaladas. Información sobre librerías do sistema e usuarios. Información sobre os recursos do sistema informático. Información sobre acceso a bases de datos. Información relevante en materia de dereitos de propiedade intelectual e copyrights.

* Medios de producción e/ou tratamento da información: equipos informáticos: ordenadores, periféricos de entrada, saída e almacenamento.

Software: linguaxes de programación: Pascal ou C. Aplicacións. Xeradores de aplicacións, pantallas, informes. Librerías do sistema e de usuarios. Traductores, depuradores.

* Procesos, métodos e procedementos: métodos de programación estructurada. Procedementos de uso e manexo de librerías do sistema e de usuarios, traductores, depuradores, xeradores de código, pantallas, informes. Interpretación de mensaxes. Procedementos de documentación de programas e probas.

* Principais resultados de traballo: informes técnicos detallando as carencias detectadas e posibles solucións. Informes técnicos sobre os cambios e melloras realizados no sistema e as aplicacións (incluirá, se procede, listas dos programas fonte e guías de utilización). Implantación das melloras e cambios propostos no sistema e/ou aplicacións.

* Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio: responsables da empresa. Usuarios finais. Empresas de desenvolvemento e mantemento de software

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Dentro do contexto macroeconómico que definirá este sector a curto prazo, resalta unha tendencia alcista na actividade especializada en servicios informáticos, xustificada pola política de reducción de custos fixos e asumida por practicamente a totalidade de empresas, o que favorecerá a subcontratación de actividades a empresas especializadas.

Pese á necesidade imperiosa de reducción de custos, a liña de actuación de gran parte do colectivo das PEME's tende a realizar, dentro da propia empresa, determinadas actividades enmarcadas en empresas de servicios e que, debido á falta de especialización, se desenvolven en condicións desfavorables, conducindo á perda de competitividade. Aumentarán, en xeral, os investimentos en equipamento informático.

O contorno empresarial vaise caracterizar por unha diversificación xeográfica, motivada polo incremento de actividade nas distintas comunidades autónomas, que se verá facilitada pola utilización de novas tec

noloxías no tratamento e intercambio de información. A diversificación tamén afectará ós servicios de consultoría, que incluirán, no servicio de asesoría específica, todo o soporte informático que requira a aplicación.

É previsible unha progresiva penetración de sistemas que permitan a interconexión de recursos informáticos, potenciando o desenvolvemento de redes de área local que se traducirá nun incremento da demanda de persoal especializado na xestión e mantemento desas redes.

Outros factores tecnolóxicos:

.Fomento e promoción dos servicios de información electrónica (acceso a bases de datos, aplicacións de videotex, etc.).

.Tecnoloxía multimedia: integración de información textual, imaxe e son a través de ordenador.

.Ordenadores e periféricos con máis altas prestacións de proceso, presentación e interconexión (potencia e capacidade de almacenamento).

.Sistemas operativos abertos.

.Programas de xestión enfocados á informatización xeral da xestión da empresa.

.Tecnoloxía RISC en hardware de PC's.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A tendencia á automatización completa da xestión e organización empresarial en tódolos sectores económicos e, en especial, nas empresas de servicios, suporá unha maior demanda de especialistas na administración e control dos servicios de sistemas informáticos, dentro da empresa, especialmente en sistemas distribuídos que requiran a interconexión de recursos informáticos.

2.6.3. Cambios na formación.

A progresiva penetración de sistemas de comunicacións, que facilitan e axilizan a obtención e distribución de información en forma textual e gráfica, fai necesaria unha maior formación nas áreas de:

- Redes de ordenadores.

- Sistemas multimedia.

- Novas tecnoloxías en equipos e sistemas operativos.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá o seu traballo en:

-Empresas encadradas en distintos sectores de actividade económica, dentro do departamento de informática ou de proceso de datos, departamento técnico...

-Empresas de servicios informáticos, no sector de servicios ás empresas.

-Administración pública.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de servicio técnico: instalación, mantemento, explotación e soporte ó usuario.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos da área de informática encóntranse ligadas directamente a:

1. Procesos de instalación e configuración de equipos e programas en sistemas informáticos: tecnoloxía de equipos, interconexión, sistemas operativos e software de aplicación.

2. Organización dos recursos do sistema informático: técnicas para establecer seguridade no sistema e a información.

3. Supervisión do mantemento e rendemento do sistema: técnicas de diagnose.

4. Utilización do sistema polo usuario final: técnicas para a elaboración de programas, guías e manuais para a utilización do sistema e as aplicacións.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

.Administrador de sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.

.Xefe de explotación de sistemas informáticos en PEMES.

.Administrador de redes de área local.

.Técnico en información e asesoramento en sistemas e aplicacións informáticas.

.Administrador de base de datos.

.Técnico en instalación de sistemas e aplicacións.

3. Currículum.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Organizar e aplicar procedemento de administración de sistemas informáticos, determinando ou identificando a súa composición e o seu rendemento e utilizando con eficacia os recursos para garanti-las prestacións esixidas ó sistema e á seguridade da información.

* Utilizar e selecciona-las fontes e recursos de información dispoñibles, interpretando e relacionando ou seu contido coas características particulares do sistema para realizar funcións de administración, e producir instruccións de operación concisas, comprensibles e adaptadas ós requirimentos de explotación do sistema.

* Resolve-los problemas técnicos na explotación dos sistemas informáticos, analizándoos, propoñendo, valorando e adaptando solucións acordes coa súa situa

ción, os procesos que se realizan e as prestacións que se lles esixen.

* Organiza-los recursos e o tempo dispoñible, establecendo prioridades nas súas actividades, actuando con orde e meticulosidade e valorando a transcendencia do seu traballo.

* Establecer un clima positivo de relación e colaboración co contorno, valorando a comunicación como un dos aspectos máis esenciais na súa profesión.

* Utilizar con autonomía as estratexias e procedementos característicos do seu sector, para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos, en función de datos ou informacións coñecidos, valorando os resultados previsibles que da súa actuación puideran derivarse.

* Aplicar procedementos de seguridade, protección, confidencialidade e conservación da documentación e información nos medios e equipos de oficina e informáticos para garanti-la súa integridade ou uso, acceso e consulta.

* Propoñer e implantar cambios na composición e configuración dos sistemas informáticos acordes coa súa situación para resolve-los problemas técnicos de explotación e responder ó rendemento e ás prestacións demandadas.

* Adoptar medidas de control e prevención sobre o sistema informático para garanti-las condicións ambientais e de saúde e a seguridade física dos equipos.

* Valora-la incidencia na empresa das novas tecnoloxías de comunicación e transmisión de información nos procesos administrativos e de xestión na empresa.

* Desenvolve-la iniciativa, o senso da responsabilidade, a identidade e a madureza profesional que permitan mellora-la calidade do traballo e motivar cara ó perfeccionamento profesional.

* Valora-la importancia da comunicación profesional, así como das normas e procedementos de organización nas relacións laborais tanto de carácter formal como informal e a súa repercusión na actividade e imaxe da empresa ou organismo.

* Interpreta-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade informática, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir e mellora-los procedementos establecidos e de actuar propoñendo solucións ás anomalías que poden presentarse neles.

* Seleccionar e valorar criticamente diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: sistemas informáticos monousuario e multiusuario.

Asociado á Unidade de competencia 1: implantar e administrar sistemas informáticos en contornos monousuario e multiusuario.

Capacidades terminais elementais.

-Identificar compoñentes hardware-software dun sistema monousuario e multiusuario.

-Manexa-la documentación de operación dos compoñentes hardware do sistema.

-Manexa-los procedementos de configuración dos compoñentes físicos do sistema.

-Manipula-los compoñentes físicos do sistema atendendo ás súas normas elementais de seguridade e integridade.

-Avalia-las opcións de instalación do sistema baseándose nos requirimentos e necesidades do usuario.

-Avaliar se as condicións da instalación responden ás condicións de funcionamento e explotación necesarias.

-Analiza-la xestión dos recursos na utilización e explotación do sistema.

-Avalia-la conveniencia de uso de distintos soportes de información baseándose nos requirimentos de uso.

-Manexa-las interfaces de usuario e operacións básicas que hai que realizar nun sistema.

-Identificar, interpretar e modifica-la configuración do sistema e do contorno de traballo nun sistema mono e multiusuario: directorios, dereitos, atributos, variables de contorno e ficheiros de procedementos.

-Recoñecer e manexar procedementos básicos de usuario nun S.O. monousuario.

-Localizar e interpretar información na documentación dispoñible do sistema.

-Identificar e manexa-las utilidades para a codificación de programas.

-Citar, xustificar e observa-las condicións legais de uso do software e as medidas de seguridade física e de saúde no manexo de sistemas.

-Detectar modos de conexión entre os equipos e manipula-los elementos necesarios para as ditas conexións.

-Avalia-la instalación e configuración para comprobar se responden ás condicións de funcionamento, explotación e seguridade formuladas.

-Propo-la configuración do sistema para que responda ás especificacións propostas.

-Configura-los periféricos necesarios, analizando as posibilidades de localización.

-Manexa-la documentación dos diferentes elementos hardware que conforman o sistema.

-Manipulación de elementos hardware (instalación/desinstalación, alteración de interruptores de configuración), para o seu correcto funcionamento.

-Identifica-los compoñentes hardware e atributos, variables de contorno.

-Avaliar condicións eléctricas e ambientais da instalación.

-Seleccionar procedementos que aseguren a integridade da información na substitución ou modificación da configuración dun equipo.

-Elaborar procedementos para a instalación do sistema e do software de base.

-Manexar distintos sistemas de almacenamento de información.

-Utiliza-los soportes existentes no sistema e proceder á súa preparación para configuralos da maneira apropiada para optimiza-lo almacenamento de información.

-Elixir unha configuración adecuada para a instalación do soft-base de máis dun sistema operativo nun mesmo sistema informático.

-Analiza-las necesidades de distribución dos espacios de almacenamento de soft-base.

-Adapta-la configuración hardware para que responda ás necesidades do software.

-Manexa-la documentación de administración do sistema operativo.

-Analizar e establece-las condicións de funcionamento, explotación e seguridade do sistema.

-Planifica-las tarefas de administración.

-Seleccionar soportes e procedementos de copias de seguridade en función da velocidade de operación e da seguridade que ofrecen.

-Deseña-los ficheiros de procedementos e de configuración.

-Manexa-las utilidades que proporciona o sistema para a automatización dos procesos de administración.

-Elixir utilidades, programando a súa aplicación baseándose nas condicións do sistema para manter usuarios, sistemas de arquivos, procesos, etc.

-Aplicar procedementos de estudio da utilización de recursos.

-Xustifica-la importancia da medición da utilización dos recursos.

-Implementar e elaborar criterios de mellora da explotación dos recursos dun sistema informático.

-Proba-las solucións propostas e avaliar en qué medida melloran a utilización do sistema.

-Elixi-los procedementos de diagnóstico que se van aplicar, equipos que se van probar e os útiles que se van manexar para a detección dun fallo do sistema.

-Manexar utilidades de diagnóstico de compoñentes hardware e software.

-Recoller información dous usuarios do sistema e comunicarse cos provedores de compoñentes para facilita-la resolución de problemas.

-Planifica-la revisión periódica dos compoñentes dunha maneira preventiva para a eliminación de posibles fallos do sistema.

-Probar e avalia-las solucións consideradas.

-Elaborar un rexistro de incidencias no sistema.

Contidos básicos (duración 240 horas).

Procedementais.

* Estructura física e funcional do sistema informático.

.Elaboración de esquemas sobre o funcionamento dun sistema informático e sobre as funcións e medios do administrador.

.Manexo de recursos: sistema e documentación.

.Operación sobre compoñentes físicos.

.Representación da información en distintos sistemas de codificación.

.Manexo da documentación de instalación do hardware.

.Instalación, conexión e desconexión de equipos.

* Sistemas operativos.

.Elaboración de esquemas sobre a arquitectura e funcións dun S.O.

.Elaboración de esquemas sobre procedementos de administración dun sistema en xeral.

.Elaboración de guías de traballo para a administración do S.O.

* Explotación de S. O. mono e multiusuario.

.Manexo da documentación de usuario do S.O.

.Execución de procedementos básicos.

.Detección, interpretación e rexistro da configuración básica dun sistema operativo monousuario.

.Conexión e desconexión sobre un sistema operativo UNIX ou similar.

.Operación sobre comunicación, impresoras, procesos.

.Interpretación e utilización de sistemas de seguridade en UNIX ou similar.

* Administración dun sistema operativo multiusuario.

.Manexo da documentación do administrador do S.O.

.Operación sobre seguridade en S.O. multiusuario.

.Execución de comandos relacionados coa seguridade.

.Detección, interpretación e rexistro da configuración do contorno de usuario en S.O. multiusuario.

.Configuración de hardware.

.Mantemento de usuarios e planificación de esquemas de seguridade.

.Mantemento de sistemas de arquivos.

.Manexo de procedementos de impresión.

Conceptuais.

* Estructura física e funcional do sistema informático.

.Equipos que compoñen os S.I. monousuario e multiusuario.

.Compoñentes lóxicos (datos e software).

.Almacenamento externo.

.Funcións e medios do administrador do sistema.

.Mantemento básico de ordenadores e periféricos.

* Sistemas operativos.

.Recursos, arquitectura e compoñentes.

.Funcións, obxectivos e tipos de sistemas operativos.

.Políticas e mecanismos de seguridade.

.Procedementos que debe realiza-lo administrador do sistema.

* Explotación de S. O. mono e multiusuario.

.Estructura de almacenamento da información.

.Tarefas de usuario.

.Operación en S.O. monousuario.

.Instalación e configuración de hardware e software en S.O. monousuario.

.Operación e administración básica en UNIX ou similar.

.Procedementos que debe realiza-lo administrador do sistema.

* Administración dun sistema operativo multiusuario.

.Funcións do administrador do sistema.

.Procedementos básicos do menú de administración do sistema.

.A instalación.

.A configuración.

.A administración.

Actitudinais.

* Estructura física e funcional do sistema informático.

.Responsabilidade na instalación e manexo dos compoñentes dun sistema informático.

.Respecto polas funcións que realizará o administrador dun S.I.

* Sistemas operativos.

.Interese polas diferentes opcións de implantación dun S.O. nun S.I.

* Explotación de S. O. mono e multiusuario.

.Responsabilidade no uso do sistema operativo.

.Hábito de manexo da documentación do sistema.

.Atención ós procedementos para configuración básica do contorno.

* Administración dun sistema operativo multiusuario.

.Atención á seguridade da información, a utilización e administración do sistema.

.Constancia na documentación da configuración do sistema.

.Constancia na proba dos cambios de configuración.

Módulo profesional 2: redes de área local.

Asociado á unidade de competencia 2: implantar e administrar redes locais e xestiona-la conexión do sistema informático a redes extensas.

Capacidades terminais elementais.

-Manexa-la documentación técnica dos equipos da rede, de operación do sistema en rede e dos sistemas operativos dos equipos, de instalación e administración do sistema en rede.

-Manexa-los periféricos con soltura e os sistemas operativos de rede e dos ordenadores, utilizando as interfaces de usuario e seleccionando adecuadamente as accións, os comandos e opcións para realizar tarefas de usuario básicas.

-Manipula-los compoñentes físicos observando as medidas de seguridade adecuadas.

-Operar cos útiles e o software de diagnóstico, configuración e medida da explotación de recursos dispoñibles nunha instalación.

-Rexistrar e documentar incidencias sobre problemas e solucións establecidas e características da configuración física e lóxica dos sistemas.

-Redactar informes sobre propostas de cambios e ampliación do sistema en rede.

-Calcular e interpretar valores estatísticos relacionados coa utilización de recursos: media, moda, máximos, mínimos, ...

-Aplicar procedementos de medida da utilización dos recursos do sistema seleccionando adecuadamente os útiles necesarios.

-Analizar e interpreta-las condicións de seguridade, funcionamento e explotación formuladas para un sistema en rede.

-Identifica-las características dunha instalación en rede: arquitectura, equipos e a súa función, topoloxía, medio físico, compoñentes hardware e condicións físicas da instalación, software instalado, ...

-Detecta-las características dun equipo: compoñentes, parámetros de IRQ, dirección de memoria, ...

-Elixi-los procedementos de diagnóstico para aplicar, equipos para probar e os útiles necesarios en función dos síntomas do problema presentado.

-Deseñar e documentar scripts e menús para realizar tarefas sobre o sistema de forma automática.

-Propo-las opcións de instalación do sistema operativo e as medidas de seguridade máis adecuadas en función dos requirimentos de funcionamento e a configuración do sistema.

-Planificar unha serie de tarefas de administración para realizar e medidas de seguridade acordes cos requirimentos de explotación dun sistema.

-Propo-las accións máis adecuadas para pór a punto o sistema e mellora-la dispoñibilidade dos seus recursos segundo as condicións presentadas.

-Formular distintas causas, a súa solución e medidas preventivas en función dos síntomas e do resultado do diagnóstico dun problema presentado co funcionamento do sistema.

-Propor cambios na instalación e debuxar distintas topoloxías de rede local acordes con: as necesidades presentadas sobre instalación dun sistema en rede o de acceso externo, a configuración actual da instalación e a distribución xeográfica dos equipos.

-Probar e avaliar se as solucións propostas (opcións de instalación e configuración, tarefas de administración programadas, scripts desenvolvidos e solucións ós problemas de rendemento e funcionamento) son acordes ás condicións de funcionamento, explotación e seguridade formuladas.

-Avaliar se o rendemento do sistema é satisfactorio e está dentro das marxes establecidas.

-Valorar distintas solucións propostas para conectar equipos en rede.

-Valorar distintos aspectos básicos dos servicios de bases de datos e transporte de datos: servicios que proporcionan e equipamento necesario.

Contidos básicos (duración 240 horas).

Procedementais.

* Arquitectura das redes de área local.

.Detección e documentación da composición física do sistema.

.Instalación de compoñentes e equipos.

.Deseño dun sistema de rede de área local, selección dos compoñentes físicos e elaboración de informes con propostas.

* Sistemas operativos de rede local.

.Selección dun sistema operativo e elaboración de informes con propostas.

.Detección e documentación da configuración software do sistema.

.Instalación do sistema operativo de rede.

* Administración e utilización dun sistema operativo de rede local.

.Utilización básica do sistema operativo de rede: a seguridade e permisos, ficheiros e directorios, servicios de impresión, ...

.Deseño e proba de scripts e menús.

.Deseño da configuración do sistema: usuarios e seguridade, servidores, directorios, impresoras, colas e formatos, ...

.Operacións de configuración e administración do sistema: definición e configuración dos servicios de impresión, copias de seguridade, ...

* Avaliación das prestacións do sistema.

.Medida do rendemento, ocupación e outros recursos do sistema.

.Aplicación do cálculo estatístico sobre os recursos do sistema.

.Resolución de problemas de rendemento e funcionamento do sistema.

* Interconexión de redes locais.

.Utilización de enlaces externos e operación en redes de área extensa.

.Análise e configuración dos parámetros de conexión externa dun segmento de rede de área local.

* Servicios de transporte de datos.

.Utilización de aplicacións e servicios.

.Configuración das aplicacións e das conexións a servicios externos.

Conceptuais.

* Información e a súa comunicación.

.Concepto da transmisión da información: velocidade de transmisión, capacidade de canle, amplitude de banda, ....

.Tipos de transmisión: banda ampla, banda base, ...

.Técnicas de transmisión.

.Técnicas de detección e corrección de erros.

.Medios físicos de transmisión e as súas características.

* Protocolos e arquitecturas de comunicacións.

.Estándares (CCITT, IEEE, ...).

.Arquitecturas OSI, SNA, ....

* Arquitectura OSI.

.Os sete niveis do modelo.

.Aplicacións do modelo: protocolos máis difundidos e a súa aplicación.

* Arquitectura das redes de área local.

.Tipos de redes de comunicación (WAN, MAN, LAN).

.Aplicacións e tipos de redes de área local.

.Composición hardware e software dunha rede de área local.

.Características da rede de área local: topoloxía, medios de transmisión e método de acceso ó medio.

.Estándares de rede de área local (Ethernet, Token Ring, ARCnet) e as súas características.

.Criterios de selección dunha rede de área local.

* Sistemas operativos de rede local.

.Sistemas operativos máis difundidos e as súas características: requisitos hardware e software, número máximo de usuarios, características funcionais, ...

.Criterios para a selección dun sistema operativo de rede.

.Fases e medidas de seguridade na instalación dun sistema operativo de rede.

* Administración e utilización dun sistema operativo de rede local.

.Funcións do administrador dunha rede de área local.

.Características funcionais do sistema operativo: esquema de seguridade e permisos, estructura de directorios, variables de contorno, arquivos de configuración, ...

.Ordes de usuario e de administrador. Función e sintaxe.

* Avaliación das prestacións do sistema.

.Recursos do sistema.

.Utilidades de diagnóstico do sistema e medida dos recursos.

.Problemas habituais na explotación dunha rede de área local.

.Criterios de optimización da explotación. Valores óptimos da dispoñibilidade dos recursos.

* Interconexión de redes locais.

.Aplicacións características: correo electrónico, transferencia de ficheiros, execución remota, ...

.Conectividade e interoperatividade. Concepto de middleware e estándares de interoperatividade entre sistemas.

.Equipos de interconexión de segmentos de rede e equipos e as súas características: módems, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas.

.Características dunha conexión asíncrona.

.Protocolos de conexión interrede: TCP/IP, IPX/SPX. Conceptos de TCP/IP: direccionamento, DNS, ...

* Servicios de transporte de datos.

.Servicios de datáfono, facsímil e IBERTEX.

.Redes públicas X.25: estructura e características.

.Rede dixital de servicios integrados: servicios e equipos.

.Outros servicios: BBS, Compuserve, ...

.Infovía e Internet: modos de conexión e servicios que proporciona.

Actitudinais.

* Arquitectura das redes de área local.

.Atención á seguridade dos equipos e da información na conexión-desconexión e manexo dos equipos.

.Preocupación pola seguridade, saúde e ergonomía en operacións co sistema.

* Sistemas operativos de rede local.

.Atención á seguridade da información na instalación de software.

* Administración e utilización dun sistema operativo de rede local.

.Atención á seguridade da información na utilización e administración do sistema.

.Constancia na documentación da configuración do sistema.

.Constancia na proba exhaustiva dos cambios de configuración.

* Avaliación das prestacións do sistema.

.Atención á seguridade da información na utilización e administración do sistema.

.Constancia na documentación de problemas e solucións.

* Interconexión de redes locais.

.Atención á seguridade dos equipos e da información na conexión-desconexión dos equipos e na instalación e configuración do software de enlace.

Módulo profesional 3: implantación de aplicacións informáticas de xestión.

Asociado á unidade de competencia 3: implantar e facilita-la utilización de paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas.

Capacidades terminais elementais.

-Manexa-la documentación da aplicación e dos sistemas operativos e interpreta-la información que proporcionan.

-Manexa-los sistemas operativos dos equipos e rede e as aplicacións.

-Utiliza-las aplicacións de tratamento de textos.

-Manexar sistemas de datos para actualizar información ou traspasar información á nova aplicación observando as medidas de seguridade adecuadas para a información.

-Aplicar un procedemento de implantación de aplicacións que teña en consideración as necesidades de explotación e a seguridade da información.

-Analizar e interpreta-las especificacións de explotación dunha aplicación.

-Detecta-lo estado actual do sistema: as súas características de hardware, software e o tipo de sistemas xestores de datos que contén.

-Analizar problemas presentados sobre funcionamento e seguridade na utilización da aplicación e illa-las causas.

-Redactar informes sobre as características técnicas, de calidade e as prestacións dunha aplicación.

-Deseñar un conxunto de datos e condicións de proba acordes coas especificacións de explotación.

-Elaborar e documentar unha configuración do contorno (variables, scripts e menús) e dos parámetros da aplicación segundo as características e posibilidades do sistema actual e as especificacións de explotación.

-Expresar procedementos de manexo dos datos e de utilización da aplicación para os procesos presentados sobre a explotación do sistema e acordes coa súa configuración.

-Propoñer solucións e medidas preventivas ós problemas de funcionamento e seguridade na utilización da aplicación.

-Avaliar se o contorno de funcionamento da aplicación é acorde coas especificacións formuladas.

-Valora-los aspectos de calidade da aplicación e avalia-la súa adecuación ás características do sistema e as especificacións de explotación formuladas.

-Avalia-la adecuación da documentación producida ós problemas de explotación presentados.

Contidos básicos (duración 185 horas).

Procedementais.

* A empresa e o seu contorno.

.Redacción de informes e memorias.

* Procesos informáticos de xestión.

.Análise dos circuítos de información para distintos procesos de administración e xestión.

* Análise das características técnicas e utilización de aplicacións informáticas de xestión.

.Interpretación de documentación técnica.

.Utilización básica das aplicacións en procesos de administración e xestión tipo.

.Análise das características técnicas, funcionais, formatos de datos, posibilidade de integración de información con outras aplicacións, interface de usuario.

.Documentación das características técnicas e funcionais das aplicacións.

* Fases de instalación, implantación e mantemento dunha aplicación.

.Procedementos de instalación.

.Procedementos de mantemento da seguridade, confidencialidade e integridade da información.

.Deseño de datos de ensaio e proba de aplicacións.

.Adaptación do contorno de usuario e dos parámetros da aplicación.

.Resolución de problemas de funcionamento da aplicación.

.Elaboración de documentación: guías de usuario e de explotación.

* Avaliación das prestacións das aplicacións informáticas de xestión.

.Análise e avaliación de calidade e ergonomía das aplicacións.

.Elaboración de informes sobre aplicacións.

Conceptuais.

* A empresa e o seu contorno.

.Concepto de empresa. Tipos de empresa na Comunidade Autónoma de Galicia: sectores de actividade, tamaño e formas xurídicas, empresa pública e privada.

.Formas de organización da empresa.

.Formas e medios de comunicación:

.Comunicación falada e escrita. Características dunha boa comunicación.

.Finalidade dos informes e memorias. Criterios de elaboración de informes e outros documentos.

* Procesos informáticos de xestión.

.Procesos por lotes e en tempo real. Medios, recursos e contorno dos procesos.

.Recursos de información. Tipos de ficheiros.

.Procesos de administración e xestión da empresa:

.Procesos de xestión de almacén.

.Procesos de xestión comercial.

.Procesos de xestión contable.

.Procesos de xestión de recursos humanos.

.Procesos de xestión financeira.

* Análise das características técnicas e utilización de aplicacións informáticas de xestión.

.Aplicacións de propósito xeral e as súas funcións básicas:

.Procesadores de textos.

.Follas de cálculo.

.Bases de datos.

.Presentación e edición de gráficos.

.Aplicacións integradas.

.Bases de datos documentais. Hipertexto.

.Traballo en grupo: groupware e workflow.

.Aplicacións de comunicación sobre Internet.

.Aplicacións de propósito específico e as súas funcións básicas:

.Xestión de almacén.

.Facturación.

.Nóminas.

.Contabilidade.

* Avaliación das prestacións das aplicacións informáticas de xestión.

.Empresas productoras e distribuidoras de software.

.Criterios de calidade e ergonomía das aplicacións. Interfaces de usuario e a súa ergonomía.

Actitudinais.

* A empresa e o seu contorno.

.Valoración da importancia e responsabilidade da figura do administrador de sistemas dentro da empresa.

.Xustificación da selección de elementos e canles axeitadas para comunicar información en función do seu contido e a súa finalidade.

.Valoración da importancia da confidencialidade da información referente ás persoas e á empresa.

* Procesos informáticos de xestión.

.Xustificación da transcendencia da actividade do administrador de sistemas sobre os procesos de xestión.

* Análise das características técnicas e utilización de aplicacións informáticas de xestión.

.Preocupación pola seguridade da información na utilización das aplicacións.

.Xustificación da importancia da proba funcional exhaustiva das aplicacións.

.Preocupación pola elaboración adecuada de informes.

* Fases de instalación, implantación e mantemento dunha aplicación.

.Preocupación pola seguridade da información na implantación e explotación dunha aplicación.

.Constancia na proba e documentación exhaustiva dos cambios na configuración do contorno de usuario e dos parámetros da aplicación.

* Avaliación das prestacións das aplicacións informáticas de xestión.

.Valoración da importancia da ergonomía na explotación de aplicacións.

.Preocupación polo rigor na análise e redacción de informes sobre as características técnicas e de calidade das aplicacións.

Módulo profesional 4: fundamentos de programación.

Asociado á unidade de competencia 4: propor e coordinar cambios para mellora-la explotación do sistema e as aplicacións.

Capacidades terminais elementais.

-Precisa-los datos de entrada, de proceso e os resultados para obter, recoñecendo o fluxo de datos do proceso.

-Analiza-las dispoñibilidades de uso do sistema en canto a capacidades de memoria e dispositivos.

-Deseña-las estructuras de datos que interveñen no proceso, a nivel lóxico o de abstracción.

-Documenta-las estructuras de datos deseñadas.

-Argumenta-la elección das estructuras de datos en termos de eficiencia e operatividade.

-Identifica-los requirimentos e especificacións do proceso.

-Diferencia-los distintos procesos implícitos no problema.

-Aplica-la metodoloxía de desenvolvemento TOP-DOWN, de refinamentos sucesivos en cada proceso.

-Seleccionar funcións específicas, existentes en librerías do contorno da linguaxe estructurada, de utilidade no proceso.

-Deseñar e representa-los algoritmos de resolución dos distintos procesos, aplicando técnicas de programación estructurada.

-Determina-los conxuntos de entradas de proba que demostrarán a corrección do algoritmo.

-Valida-los algoritmos deseñados mediante conxuntos de datos de probas predefinidos seguindo criterios de eficiencia e eficacia.

-Manexar correctamente os editores de programas, compiladores e manuais da linguaxe de programación.

-Empregar xeradores de código de pantallas e informes.

-Codifica-los programas fonte correspondentes ós algoritmos de solución deseñados.

-Integra-los procesos probados e depurados.

-Avalia-lo funcionamento da aplicación mediante conxuntos de datos de proba predefinidos.

-Redacta-la documentación completa que facilite o mantemento da aplicación.

Contidos básicos (duración 260 horas).

Procedementais.

* Estructuras de datos.

.Aplicación das estructuras á resolución de problemas en programación.

.Elección das estructuras de datos máis adecuadas para a resolución do problema.

.Deseño e interpretación dos algoritmos de utilización das estructuras.

* Metodoloxía da programación e programación estructurada.

.Aplicación de métodos de deseño de programas e datos de proba en programación estructurada.

.Interpretación de algoritmos previamente deseñados.

.Medición e avaliación da eficiencia dos distintos algoritmos buscando o óptimo.

.Simulación dos algoritmos mediante conxuntos de datos de proba.

* Programación en linguaxes estructuradas.

.Desenvolvemento de funcións sinxelas de usuario

.Aplicación dos procedementos de codificación e proba de programas.

* Utilización de estructuras dinámicas.

.Elección das estructuras dinámicas de datos máis adecuadas para a resolución dos problemas.

.Deseño e codificación de programas sobre as estructuras dinámicas.

.Simulación manual do efecto das operacións con estructuras dinámicas sobre implementacións particulares destas estructuras.

.Deseño e interpretación dos algoritmos de utilización das estructuras dinámicas.

Conceptuais.

* Estructuras de datos.

.Variables: tipos de variables.

.Estructuras de datos internas.

.Estáticas: conxuntos, arrays, rexistros.

.Estructuras de datos externas: ficheiros

.Algoritmos de utilización.

* Metodoloxía da programación e programación estructurada.

.Características das linguaxes estructuradas de terceira xeración.

.Características da programación estructurada.

.Estructuras básicas en programación estructurada

.Lineal.

.Alternativa.

.Repetitiva.

.O deseño modular en programación estructurada.

.Subprogramas externos.

.Subprogramas internos.

.Métodos de deseño de programas e datos de proba en programación estructurada.

* Programación en linguaxes estructuradas.

.Entidades que manexa a linguaxe.

.Variables: tipos e definición.

.Estructuras de datos:

.Tipoloxía.

.Definición na linguaxe.

.Utilización.

.Instruccións da linguaxe: función e sintaxe.

.Instruccións dun esquema lineal.

.Instruccións dun esquema de selección.

.Instruccións dun esquema de interacción.

.Funcións e librerías básicas do contorno de desenvolvemento.

* Utilización de estructuras dinámicas.

.Punteiros.

.Estructuras dinámicas lineais: listas, pilas, colas.

.Estructuras dinámicas non lineais: árbores, grafos.

.Algoritmos de utilización de estructuras dinámicas.

Actitudinais.

* Estructuras de datos.

.Hábito de documenta-las estructuras de datos.

.Predisposición polo uso de códigos mnemotécnicos para a identificación de entidades.

* Metodoloxía da programación e programación estructurada.

.Interese pola proba e depuración dos programas a nivel de deseño.

.Valoración da claridade e flexibilidade nos deseños.

.Hábito de documenta-los algoritmos.

* Programación en linguaxes estructuradas.

.Valoración do estilo na escritura do código que permita unha maior flexibilidade.

.Preocupación pola busca de eficiencia nas solucións presentadas.

.Interese pola escritura de códigos fonte ben documentados co uso de códigos mnemotécnicos e comentarios no código.

* Utilización de estructuras dinámicas.

.Precaución ante posibles erros graves para o sistema debidos a unha mala utilización do espacio heap.

Módulo profesional 5: desenvolvemento de funcións no sistema informático.

Asociado á unidade de competencia 4: propor e coordinar cambios para mellora-la explotación do sistema e as aplicacións.

Capacidades terminais elementais.

-Aplica-lo procedemento de desenvolvemento e proba de programas en linguaxe de terceira xeración.

-Manexa-la documentación do programador e interpreta-la información que subministra.

-Manexa-los sistemas operativos monousuario, multiusuario e de rede e os sistemas xestores de datos.

-Aplicar técnicas de descrición de deseño de sistemas: diagrama de fluxo de datos, táboas e diagramas de transición de estados...

-Detecta-la composición actual do sistema: hardware, software, características e configuración, organización de datos almacenados.

-Aplica-la interface de programación seleccionando as funcións adecuadas e definindo correctamente as estructuras de datos necesarias.

-Analizar e interpreta-las especificacións de problemas de explotación formulados sobre un sistema.

-Documenta-la configuración do sistema e os requirimentos de cambio presentados.

-Redactar informes sobre distintas propostas de cambios no sistema.

-Deseñar algoritmos que respondan ás propostas especificadas e que utilicen adecuadamente as téc

nicas de programación sobre o sistema: programación concorrente, sincronización e comunicación de procesos, ...

-Selecciona-lo contorno de programación e implementación do deseño máis adecuado á natureza do problema presentado.

-Elaborar e deseñar xogos de proba acordes cos requirimentos que se vaian probar e aplicando metodoloxías de deseño sistemático de datos de proba.

-Formular especificacións de requirimentos sobre os programas e elementos do sistema necesarios para responder ós problemas propostos.

-Propoñer distintas solucións de cambios para realizar sobre o sistema e a súa configuración segundo os requirimentos propostos.

-Avaliar se o xogo de datos desenvolvido é acorde coas especificacións propostas.

-Avalia-la incidencia das solucións proxectadas e os programas desenvolvidos sobre a funcionalidade e o rendemento do sistema e a súa adecuación ás especificacións propostas.

-Avaliar se a documentación producida é adecuada, segundo os seus obxectivos, na forma e no contido.

Contidos básicos (duración 155 horas).

Procedementais.

* Técnicas de programación sobre sistemas.

.Análise e selección do contorno de programación segundo o problema de adaptación do sistema para resolver.

.Deseño de sistemas e aplicación de técnicas de representación de sistemas.

* Programación sobre un sistema operativo e un sistema en rede.

.Aplicación da interface de programación: deseño, selección da interface, implementación e selección de librerías, obtención de programas executables.

.Xestión dos recursos do sistema. Medida e avaliación do rendemento dun programa e o seu consumo de recursos.

.Procedementos de proba sistemática.

* Información e documentación.

.Documentación de desenvolvemento e implementación dos cambios.

.Elaboración de informes de viabilidade de cambios no sistema.

.Elaboración de guías de usuario dos programas desenvolvidos.

* Desenvolvemento dun proxecto.

.Programación sobre un sistema operativo e/ou un sistema en rede. Deseño, implementación e proba de

programas e rutinas que melloren e/ou creen novas utilidades para o sistema.

.Análise e valoración de cambios sobre o sistema:

.Formulación de requirimentos sobre a funcionalidade dos programas e o rendemento do sistema.

.Selección de productos acordes cos requirimentos.

.Valoración de distintas alternativas de solución.

.Información e documentación do proxecto:

.Informes de viabilidade de cambios.

.Documentación do programador.

.Guías e manuais de usuario.

Conceptuais.

* Técnicas de programación sobre sistemas.

.Contornos de programación: linguaxe ensambladora, linguaxe de terceira xeración, SQL embebido, ...

.Interfaces de programación e librerías do sistema: librería básica de chamadas ó sistema, ...

.Comunicación e sincronización de procesos:

.Control de procesos, contorno dos procesos, memoria asignada ós procesos.

.Comunicación entre procesos: sinais, conductos (pipes), semáforos, memoria compartida, colas de mensaxes.

.Programación de eventos e técnicas de descrición: táboas e diagramas de transición de estados.

* Programación sobre un sistema operativo e un sistema en rede.

.Introducción á programación sobre o sistema operativo DOS: mapa de memoria, servicios da BIOS e do DOS.

.Introducción á interface gráfica de usuario Windows: conceptos básicos.

.Introducción á programación sobre o sistema operativo Unix:

.Utilidades de desenvolvemento de programas e medida do seu consumo en Unix.

.Comunicación de procesos en Unix: sinais, conductos, ...

.Funcións de chamadas ó sistema: sintaxe e aplicación.

.Introducción á programación en X Window: Arquitectura do sistema e conceptos básicos.

.Introducción á programación sobre sistemas en rede:

.Concepto e funcionamento dos sockets.

.Familias de sockets: Unix e internet.

* Información e documentación.

.Modelos de informes, documentos de programador e manuais de usuario.

.Criterios de calidade na elaboración de informes e na producción de documentación de programador e de usuario.

Actitudinais.

* Técnicas de programación sobre sistemas.

.Comportamento autónomo para a utilización da bibliografía e outras fontes de información.

* Programación sobre un sistema operativo e un sistema en rede.

.Interese por selecciona-lo contorno e as ferramentas de programación máis adecuados para conseguir maior productividade e portabilidade dos programas.

.Constancia na proba funcional dos programas desenvolvidos e a medida de consumo dos recursos do sistema.

* Información e documentación.

.Constancia na documentación dos programas desenvolvidos.

.Interese pola producción de guías de usuario claras e sinxelas.

.Valoración da redacción coidadosa dos informes e a utilización adecuada da terminoloxía informática.

* Desenvolvemento dun proxecto.

.Interese por selecciona-lo contorno e as ferramentas de programación máis adecuadas para conseguir maior productividade e portabilidade dos programas.

.Comportamento autónomo na utilización da bibliografía e outras fontes de información.

.Constancia na proba funcional, a medida de consumo dos recursos e a documentación dos programas desenvolvidos.

.Interese pola producción de documentación clara e sinxela.

.Rigor na redacción dos informes e a utilización adecuada da terminoloxía informática.

.Hábito de traballo en grupo e respecto polas normas establecidas no colectivo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 6 (transversal): sistemas xestores de bases de datos.

Capacidades terminais elementais.

-Analiza-lo tipo de información para rexistrar en función das consultas ou buscas que se vaian realizar e as posibles aplicacións que terán acceso á base de datos.

-Obter deseños da estructura das bases de datos, definindo os conxuntos de entidades así como os conxuntos de relacións.

-Representar graficamente a estructura lóxica global das bases de datos mediante diagramas entidade-relación.

-Transforma-los diagramas entidade-relación en esquemas conceptuais definindo o conxunto de esquemas de relación.

-Aplicar procedementos de normalización que minimicen as redundancias.

-Crea-lo conxunto de táboas de información así como a relación de índices que permitan accesos óptimos na recuperación da información das bases de datos.

-Obter deseños útiles de formatos personalizados que faciliten a introducción e modificación dos datos e que permitan a súa validación.

-Deseñar e almacena-las vistas para facilita-las consultas individualizadas así como a seguridade das bases de datos.

-Consultar e actualiza-las bases de datos mediante as utilidades que proporciona o S.X.B.D. relacional.

-Manexar ferramentas dispoñibles nos S.X.B.D. para facilita-la recuperación e presentación da información (xeradores de informes personalizados e menús).

-Realizar transferencias de datos entre a base de datos e programas software independentes, utilizando adecuadamente os mandados do sistema xestor da base de datos.

-Aplicar correctamente os mandados e procedementos da linguaxe SQL.

-Analiza-la lista de dependencias funcionais para os distintos esquemas de relación, que permitan asegura-la bondade do deseño da base de datos, así como probar que a súa posterior actualización non creará relacións ilegais.

-Establece-las restriccións de dominio e de integridade referencial na definición de táboas, asegurando que os cambios autorizados non conduzan a unha perda de consistencia da base.

-Definir e establecer restriccións de integridade máis complexas mediante o uso de afirmacións.

-Implementar procedementos disparadores que permitan ó S.X.B.D. realizar accións complexas ante determinadas actualizacións autorizadas da base.

-Protexe-las bases de datos outorgando distintas autorizacións ou privilexios sobre as vistas e outros obxectos (táboas, formularios, progr. aplicación) delas.

-Describir procedementos que permitan bloqueos no caso de accesos concorrentes ás bases de datos.

-Planificar procedementos que garantan a seguridade física da base de datos.

-Aplicar procedementos para optimiza-lo rendemento da base de datos.

Contidos básicos (duración 185).

Procedementais.

* Modelo relacional

.Elaboración de modelos entidade relación e a súa representación gráfica.

.Creación de esquemas relacionais a partir do modelo entidade relación.

.Manexo de utilidades e procedementos do xestor para a creación e actualización das bases de datos.

.Utilización adecuada das ordes da linguaxe SQL para a explotación das bases de datos.

.Definición de mandatos de consulta e actualización das bases de datos mediante expresións da álxebra relacional.

.Manexo de manuais de referencia do xestor e da linguaxe SQL.

.Creación de formatos personalizados de pantallas e informes.

* Representación e normalización de datos e relacións.

.Obtención da lista mínima de dependencias funcionais para probar en caso de actualización, a partir do peche de dependencias funcionais.

.Aplicación de procesos de normalización para obter bos deseños de bases de datos.

* Administración dun S.X.B.D. relacional.

.Instalación do xestor de base de datos.

.Mantemento de copias de seguridade dos arquivos e diccionarios de datos.

.Determinación dos perfís ou grupos de usuarios.

.Xestión da seguridade e privacidade da base concedendo autorizacións ou privilexios de acceso ós datos.

.Especificación das restriccións de integridade para asegura-la consistencia da base de datos.

.Utilización de procedementos que permitan restaura-la base de datos tras un erro ou caída do sistema.

.Construcción de procedementos disparadores que permitan facilitar tanto a administración da base como forza-lo cumprimento das regras comerciais.

.Manexo adecuado dos manuais do xestor.

Conceptuais.

* Sistemas xestores de ficheiros

.Conceptos básicos:

.Organización de arquivos e métodos de acceso.

.Utilidades de definición e manexo da información.

* Sistemas xestores de bases de datos (S.X.B.D.).

.Obxectivos.

.Arquitectura ANSI/SPARC: nivel conceptual, externo e interno.

.Modelos lóxicos de datos: modelo relacional, modelo en rede, modelo xerárquico.

.Linguaxes de definición e manipulación de datos.

.Implementación física: arquivos de datos, diccionario de datos, índices

.S.X.B.D. distribuídas.

* Modelo relacional.

.Deseño conceptual e lóxico:

.Modelo entidade-relación.

.Esquema de relacións.

.Conceptos básicos; táboa, tupla, atributos e dominio, claves...

.Álxebra relacional.

.Sistemas xestores de bases de datos relacionais. Utilidades.

.Linguaxe S.Q.L. en modo interactivo: mandados e procedementos.

* Representación e normalización de datos e relacións.

.Problemas do deseño de bases de datos relacionais.

.Dependencias funcionais: peche, recubrimento canónico.

.Normalización.

.Formas normais: Boice-Codd, 3NF,..

.Técnicas de normalización:

Por dependencias funcionais.

Por dependencias multivaluadas.

Por dependencias de intersección.

* Administración dun S.X.B.D. relacional.

.Control e administración dun S.X.B.D.

.Funcións do administrador dunha base de datos (ABD).

.Estructuras de control do S.X.B.D.

.Linguaxe de control de datos.

.Procedementos de administración.

Actitudinais.

* Modelo relacional

.Interese por defini-las entidades de forma que, posteriormente, se obteñan deseños axustados, non incluíndo información superflua.

.Hábito de realizar copias de seguridade, así como copias impresas das táboas da base de datos cando se crea ou modifique a súa estructura.

.Hábito de rexistra-las modificacións no nivel conceptual cada vez que se altere a estructura lóxica da base de datos. * Representación e normalización de datos e relacións.

.Valoración da importancia da normalización das bases de datos.

.Interese por contrastar os requirimentos de usuario co deseño normalizado obtido.

* Administración dun S.X.B.D. relacional.

.Hábito de representar graficamente os distintos perfís ou grupos de usuarios cos seus tipos de autorizacións de acceso sobre os elementos da base.

.Hábito de rexistrar ou incluír na documentación calquera alteración que afecte á estructura global da base.

Módulo profesional 7 (transversal): relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais.

1.-Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

2.-Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

3.-Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

4.-Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

5.-Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

6.-Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

7.-Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

8.-Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

9.-Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

10.-Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

11.-Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Comunicación na empresa.

.Producción de documentos.

.Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

.Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

* Conflictos.

.Identificación da existencia dun conflicto.

.Análise das causas do conflicto.

.Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

.Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

* Negociación.

.Identificación dos principais aspectos da negociación.

.Aplicación das técnicas concretas de negociación.

.Peche da negociación.

* Toma de decisións.

.Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

.Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

.Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

* Liderado.

.Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

.Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

.Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

.Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

.Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

.Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

.Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

* Motivación no contorno laboral.

.Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

.Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

.Análise da actitude humana ante o traballo.

.Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

.Aplicación de incentivos e efectos deles.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Etapas dun proceso de comunicación.

.Canles e redes de comunicación.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

.Recursos para manipula-los datos da percepción.

.Comunicación na empresa.

.Control da información.

* Conflictos.

.Clases.

.Causas.

.Formas de exteriorización.

.Solución de conflictos.

* Negociación.

.Condicións.

.Estilos de negociación.

.Fases nunha negociación.

* Toma de decisións.

.Factores que inflúen na toma de decisións.

.Fases do proceso decisorio.

.Tipos de decisións.

* Liderado.

.Características.

.Teorías do liderado.

.Estilos de dirección.

.Supervisión do traballo.

.Delegación eficaz.

.Políticas de empresa.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Características dos grupos.

.Funcionamento dos grupos.

.Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

.Tipos de reunións.

.Preparación de reunións

.Desenvolvemento.

.Problemas que presentan as reunións.

* Motivación no contorno laboral.

.Concepto.

.Principais teorías de motivación.

.Factores motivacionais.

.Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

.Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

.Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

* Conflictos.

.Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

.Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

.Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

.Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

* Negociación.

.Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

* Toma de decisións.

.Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

.Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

* Liderado.

.Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

.Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

.Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

.Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

* Conducción/dirección de equipos de traballo.

.Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

.Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

.Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Motivación no contorno laboral.

.Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

.Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

Módulo profesional: proxecto integrado.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Propo-la configuración dunha instalación acorde coas necesidades establecidas sobre un sistema informático multiusuario, en rede, con distintos sistemas e con acceso externo.A partir de supostos para o deseño de sistemas en rede con acceso externo e dispoñendo de bibliografía e outras fontes de información:
.Analiza-la situación inicial e os requirimentos propostos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

.Analizar novos productos "software" de integración e conexión de sistemas.
.Deseñar dúas solucións acordes cos requirimentos iniciais.
.Elaborar un informe de viabilidade sobre as solucións propostas con expresión do seu custo económico para a toma de decisións.

.Expoñe-lo traballo e discutir en gran grupo a viabilidade das distintas solucións.

* Implantar e integrar distintos sistemas, equipos e periféricos, aplicacións e "software" de diverso tipo nunha rede.* Sobre os supostos anteriores, coa axuda vde manuais, e tendo en conta o equipamento dispoñible na aula:
.Planifica-la instalación das solucións elixidas coa axuda dos manuais.
.Realiza-la instalación dos sistemas segundo o plano previsto.
.Elaborar unha memoria da instalación, documentando os problemas que van xurdindo e as solucións arbitradas.
.Elaborar unha guía de usuario para o manexo dalgunha función ou utilidade do sistema.
.Verificar e corrixi-la operatividade da guía e o funcionamento do sistema mediante o intercambio con outros grupos ou alumnos.

* Realizar cambios no sistema para a mellora da súa funcionalidade o seu rendemento e a seguridade.* Sobre as instalacións realizadas con anterioridade e respondendo a novos requirimentos de mellora do sistema:
.Medi-lo rendemento do sistema e detectar posibles problemas de seguridade.
.Propor cambios para a mellora do rendemento e a seguridade mediante a modificación da configuración da arrincada dos sistemas operativos ou a substitución dalgún compoñente.
.Desenvolver unha utilidade ou script que facilite a utilización ou a administración do sistema.

Duración 155 horas.

3.4. Módulo profesional de formación no centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Detecta-las características da xestión actual da empresa: hardware e software existente, formato interno dos datos, procesos que se realizan e contorno dos procesos.* Participación en tarefas de explotación e análise dos recursos utilizados e a composición do sistema multiusuario e/ou en rede.
* Descrición dos procesos que se xestionan a través dun S.X.B.D.

* Elaborar e avaliar información complementaria a documentación do sistema e das aplicacións, acorde coas normas de documentación da empresa.* Revisar, analizar e completa-los manuais de usuario e de explotación dunha aplicación.
* Revisar, analizar e completa-la documentación de configuración do sistema (usuarios, procesos, equipos e aplicacións).
* Documentación das incidencias producidas e os problemas de utilización encontrados durante a explotación do sistema.

* Realizar funcións de apoio ó usuario e operacións de administración de alcance limitado nun sistema multiusuario e/ou en rede.* Mediante a observación dos procesos de explotación dun sistema multiusuario e/ou en rede, análise das dificultades de operación do usuario.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Elaboración dun calendario de tarefas de administración.
* Realización de operacións rutineiras sobre un sistema multiusuario e/ou en rede: arrincada-parada, copias de seguridade, montaxe de volumes, operación sobre colas de impresión, ...
* Configuración do contorno de usuario nun sistema multiusuario e/ou en rede, segundo os procesos de explotación.
* Elaboración e documentación de scripts e menús de usuario para facilita-lo manexo do sistema.
* Resolución de distintos problemas de manexo de terminal de usuario e/ou de estación de traballo.

* Realizar de forma autónoma funcións de instalación e configuración de equipos, sistemas operativos monousuario e aplicacións de xestión en sistemas illados.* Instalación dunha aplicación e configuración do contorno de operación nun sistema monousuario de acordo coas normas de seguridade e as necesidades de explotación do usuario.

* Operar cos sistemas operativos e os equipos instalados na empresa e a súa documentación.* Instalación e configuración dos equipos e do sistema operativo dunha estación de traballo ou dun ordenador persoal de acordo coas normas de seguridade e as necesidades de explotación do usuario.

* Intervir na resolución de problemas, deseño e implantación de cambios sobre a composición e configuración do sistema multiusuario e/ou en rede e desenvolvemento de novas funcións.* Medición e valoración do rendemento do sistema en distintos procesos.
* Realización dun informe sobre os requirimentos necesarios para incorporar unha nova aplicación ou para realizar cambios sobre unha xa existente.
* Análise dos síntomas dun problema de rendemento, funcionamento ou seguridade do sistema e propoñer e informar sobre distintas solucións e medidas preventivas, se procede.
* Desenvolvemento, se procede, e probas de programas específicos para a mellora da operatividade do sistema e/ou a explotación da información contida nunha base de datos.
* Representación do sistema de seguridade implantado polo administrador da base de datos para unha aplicación e propoñer posibles melloras.

* Valora-los aspectos de calidade dunha aplicación e avalia-la súa funcionalidade e adecuación ás características do sistema e da xestión da empresa.* Preparación dun xogo de probas da aplicación.
* Proba e análise da aplicación.
* Realización dun informe de valoración das características de funcionalidade e de calidade da aplicación.

* Propoñer solucións e valora-los aspectos que interveñen na interconexión de ordenadores persoais dun departamento ou a conexión a servicios externos.* Análise de distintos factores que se teñen en conta na selección da solución (usuarios, equipamento existente, procesos, recursos a compartir, distribución dos equipos).
* Análise de servicios externos de transporte de datos e de subministro de información.
* Proposición de solucións de conexión alternativas.
* Valoración de distintas solucións e selección da máis adecuada.

* Establecer e manter unha comunicación apropiada co seu contorno profesional: usuarios, servicios técnicos do sistema, dirección de departamento e da empresa.* Análise e descrición da xerarquía do centro e as normas de comunicación establecidas.
* Preparación e realización de entrevistas cos usuarios.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Elaboración de enquisas para os usuarios, se procede.
* Planificación e participación nunha reunión cos usuarios, se procede.
* Elaboración de informes á dirección do departamento ou da empresa.
* Realización de consultas técnicas e comerciais sobre productos relacionados co sistema.

Duración 360 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais.

.Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

.Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

.Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

.Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

.Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

.Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

.Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

.Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

.Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

.Describi-lo sistema de protección social.

.Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

.Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

.Analiza-la situación comercial de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nun período concreto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Saúde laboral

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do curriculum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

* Principios de economía.

.Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

.Manexo e interpretación de táboas económicas.

.Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

* Economía e organización da empresa.

.Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

.Comparación e clasificación das diferentes empresas situadas no barrio.

.Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

Conceptuais.

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos.

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

* Principios de economía.

.Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

.Relacións socioeconómicas internacionais.

* Economía e organización da empresa.

.A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

.Funcionamento económico da empresa:

.Patrimonio da empresa.

.Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

.Interpretación de estados de contas anuais.

.Custos fixos e variables.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

.Valoración e cumprimento da normativa laboral.

.Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Principios de economía.

.Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

.Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Economía e organización da empresa.

.Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

.Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1.Materias do bacharelato que se deberon cursar para acceder ó ciclo formativo correspondente a este título.

4.1.1.Materias de modalidade.

.Matemáticas II (correspondente a calquera modalidade de bacharelato).

4.1.2.Outros contidos básicos de formación profesional de base.

.A sociedade da información e as novas tecnoloxías.

.Recoñecemento dos principais compoñentes físicos do ordenador e os seus periféricos.

.Funcións dos distintos compoñentes dos equipos informáticos.

.Principais funcións do sistema operativo e dos contornos gráficos ou de utilidades.

.Estructura física e lóxica do almacenamento de información.

.Aplicacións informáticas de propósito xeral.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de administración de sistemas informáticos.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Sistemas informáticos monousuario e multiusuario.* Sistemas e aplicacións informáticas.* Profesor técnico de FP.

2. Redes de área local.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

3. Implantación de aplicación informáticas de xestión.* Sistemas e aplicacións informáticas.* Profesor técnico de FP.

4. Fundamentos de programación.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

5. Desenvolvemento de funcións no sistema informático.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

6. Sistemas xestores de bases de datos.* Informática.* Profesor de ensino secundario.

7. Relacións no contorno de traballo.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

8. Formación e orientación laboral.* Formación e orientación laboral.* Profesor de ensino secundario.

4.2.2. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Informática.

establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en informática.

-Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 1660/1994, do 22 de xullo, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior: administración de sistemas informáticos, require, para a impartición

das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

.Aula de informática de xestión60 m 50%

.Aula polivalente60 m50%

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, polo tanto, ten sentido orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Sistemas informáticos monousuario e multiusuario.

* Redes de área local.

* Implantación de aplicacións informáticas de xestión.

* Sistemas xestores de bases de datos.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Sistemas informáticos monousuario e multiusuario.

* Redes de área local.

* Implantación de aplicacións informáticas de xestión.

* Sistemas xestores de bases de datos.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centro de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios.

* Diplomado en biblioteconomía e documentación.

* Diplomado en ciencias empresariais.

* Diplomado en estatística.

* Diplomado en xestión e administración pública.

* Diplomado en informática.

* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

4.5. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse en dous cursos:

HorasCS administración de sistemas informáticos

2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

240Sistemas informáticos monousuario e multiusuario
240Redes de área local
260Fundamentos de programación
65Formación e orientación laboral
65Relación no contorno do traballo
90Horas a disposición do centro

4º, 5º e 6º trimestre

185Implantación de aplicación informáticas de xestión
155Desenvolvemento de funcións no sistema

informático

185Sistemas xestores de base de datos
155Proxecto integrado
360Formación en centro de traballo

6456