Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Con data 18 de xullo de 1997, foi aprobado inicialmente polo Pleno Corporativo o plan especial de infraestructuras para a urbanización e acondicionamento do contorno da área educativa e deportiva de Petelos-Mos. De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o citado plan a exposición pública por un prazo dun mes contado a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase na secretaría da corporación en horas hábiles de oficina, para que poida ser consultado polos interesados.

Mos, 23 de xullo de 1997.

Justo José González Ballesta

Alcalde