Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 21 de agosto de 1997 Páx. 8.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a redacción do proxecto básico e de execución das obras para a construcción dun edificio de nova planta para sede dos xulgados de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 46 42. Fax (981) 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra para a construcción dun edificio de nova planta para sede dos xulgados de Vigo.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 10.109.152 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.622.0.

4. Prazo de execución do contrato.

Dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Clasificación esixida ó contratista: non se esixe.

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771,

Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura no anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán obtelos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Vigo, sita na rúa Teófilo Llorente, 6 baixo.

11. Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, agás que o último día fora sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

12. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores.

Ás condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartado 5.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

97-6448