1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 77/1997.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servicio de cociña-comedor no Centro Residencial Docente de Ourense dependente desta consellería.
b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente de Ourense.
c) Prazo de execución: desde o 15 de setembro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 15.968.750 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do importe de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: (981) 59 07 11
b) Domicilio: rúa Nova de abaixo, 19. Santiago de Compostela.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Fecha límite de presentación: o décimo terceiro día contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2ª) Domicilio: San Caetano s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: San Caetano s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día hábil contado a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.
9. Clasificación económica: non será necesaria.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
97-6434