Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 20 de agosto de 1997 Páx. 8.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra, declarada de urxencia, dun lote de dúas obras: renovación parcial da instalación de fontanería e renovación parcial da instalación de saneamento na Facultade de Química en Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

c) Número de expediente: C-17/97-P e C-18/97-P

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: lote dúas obras: renovación parcial da instalación de fontanería e renovación parcial da instalación de saneamento na Facultade de Química en Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 59.584.616 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (información).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 59 33 85.

b) Enderezo: Rúa Nova de abaixo, 19-Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo: todos, categoría: E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil contado a partir do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

97-6431