Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ADQUISICIÓN de equipo.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición dun equipo de radiocirurxía estereotáxica.

Número de expediente: CTRL/RT/40/97.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono (981) 57 76 50, fax (981) 57 78 43.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1997.

Xosé Carlos Abal-López Valeiras

Director-xerente