Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos números 6 e 7 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O97/52

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos números 6 e 7 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 15.941.971 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 318.839 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta..., para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos números 6 e 7 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 8 de xullo de 1997.

O alcalde

P.D.

Asinado

6400