Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso das obras de construcción dos servicios exteriores de abastecemento de auga do parque empresarial de Bueu.

Orzamento total: 40.245.781 ptas. (IVE incluído).

Clasificación do contratista: grupo E, categoría mínima D.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur, sitas na rúa Urzaiz, 18-2º de Vigo, de 10 a 14 horas, de luns a venres a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentación para concursar conforme establece o prego de bases deberán ser presentadas nas oficinas de XESTUR antes das 12 horas do día 5 de setembro de 1997.

A apertura das proposicións económicas efectuarase o día 8 de setembro ás 13 horas na sala de xuntas de Xestur. O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de xullo de 1997.

O xerente de Xestur Pontevedra, S.A.

Rubricado

6180