Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 8.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA de dúas prazas de oficial de segunda, promoción interna.

No BOP da Coruña do día 17 de xullo de 1997 publicáronse as bases para a contratación laboral indefinida de dúas prazas de oficial de segunda de limpeza e reparacións, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición.

As instancias nas que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Mugardos, 22 de xullo de 1997.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde

6025