Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios para a realización de accións promocionais que teñan como protagonista a mascota Camaleo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: C-97012.

Obxecto do contrato: elaboración de accións e materiais promocionais que, tendo como protagonista á mascota de consumo Camaleo, vaian dirixidas ós nenos que cursan educación infantil e primaria na Comunidade Autónoma galega.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución será desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 pesetas).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (500.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa, 10 A-2º (edificio Área Central-As Fontiñas).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 54 45 12.

Fax: 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a clasificación do contratista que se esixe é grupo 3, subgrupo III, categoría C.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa, 10 A-2º (edificio Área Central-As Fontiñas).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa, 10 A-2º (edificio Área Central-As Fontiñas).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

6021