Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997 pola que se anuncia concurso público por procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica (expediente 30/1997).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 30/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: vehículo todo terreno para o parque móbil da Universidade de Vigo.

b) Número de unidades que se entregará: ás especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: vinte días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.520.000 de ptas.

5. Garantías:

-Provisional: 2% importe licitación.

-Definitiva: 4% importe licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: rúa Areal, nº 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: rúa Areal, nº 46, planta baixa.

3 Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) ...

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: rúa Areal, nº 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12.

Vigo, 4 de agosto de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

6375