Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da redacción do proxecto de construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do Centro de Educación Especial Santiago Apóstol (As Xubias-A Coruña).

Obxecto: redacción do proxecto para a construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do Centro de Educación Especial Santiago Apostol.

Orzamento de honorarios: 19.310.110 ptas.

Prazo de execución: 45 días.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificios administrativos San Caetano), en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de admisión de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6059