Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 1997 pola que se lles notifican ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento 1/1996 e tres máis, da provincia de Pontevedra, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, ó abeiro do disposto no artigo 30 apartado 6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e do artigo 138 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, para os efectos previstos no Decreto 320/1995, do 2 de decembro, de regularización de situacións dos ocupantes e cambios de réxime nas vivendas de promoción pública.

Ás devanditas vivendas élles de aplicación o réxime legal de uso, conservación, aproveitamento e sancionador regulado na normativa de vivendas de protección oficial.

Por iso, vista a proposta de resolución da delegación provincial, resultando probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios dunha VPO de promoción pública e a ocupación efectiva do inmoble por persoa distinta do seu adxudicatario acordouse a resolución de pleno dereito dos contratos outorgados entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 1/1996.

Adxudicatario: Olegario Álvarez Grovas.

Último domicilio coñecido: rúa Tomás Paredes, 72-1ºI, Vigo.

(PO-277).

Data da resolución: 4 de xullo de 1997.

-Nº expediente de desafiuzamento: 2/1996.

Adxudicatario: Antonio Conde Asperot.

Último domicilio coñecido: rúa Tomás Paredes, 58-baixo, esquerda, Vigo.

(PO-277).

Data da resolución: 4 de xullo de 1997.

-Nº expediente de desafiuzamento: 17/1996.

Adxudicatario: Manuel Obeo Romero.

Último domicilio coñecido: rúa Tomás Paredes, 68-1ºD, Vigo.

(PO-277).

Data da resolución: 4 de xullo de 1997.

-Nº expediente de desafiuzamento: 29/1996.

Adxudicatario: Ventura Eiras Rodríguez.

Último domicilio coñecido: rúa Tomás Paredes, 72-Bº, esquerda, Vigo.

(PO-277).

Data da resolución: 4 de xullo de 1997.

5804