Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 193/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre

expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na rúa Mancebo, 6, 15600 Pontedeume (A Coruña), como entidad beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica a 15/20 kV de 1.432 m de lonxitude, con orixe na liña San Bartolomeu-Monfero, centro de transformación de 100 kVA en Casalvito, no termo municipal de Monfero (expediente 193/1996).

A declaración de utilidade pública, das referidas instalacións, que foi outorgada con data do 15-5-1997, leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Ideal Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 15 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 193/1996Provincia: A Coruña

L.M.T. al C.T. CasalvitoConcello: Monfero

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1As ParrochasMonte baixoArgimiro López PereiroRego do Eixo, San Fix, 15618 Monfero110

2As ParrochasMonte altoArgimiro López PereiroRego do Eixo, San Fix, 15618 Monfero7112

3As ParrochasMonte altoRamón Vázquez PereiroRego do Eixo, San Fix, 15618 Monfero1120320

4As ParrochasMonte altoCarmen Bugallo Varelar/ Torre, 72-B, 15000 A Coruña119144

5As ParrochasMonte altoUbaldino Lence VarelaA Igrexa, San Fix, 15618 Monfero211051.680

7Rego do EixoMonte altoJosefina González BlancoO Cotillón, San Fix, 15618 Monfero321021.632

8Rego do EixoMonte altoJesús Varela VázquezA Igrexa, San Fix, 15618 Monfero421903.040

10Rego do EixoMonte altoMª Manuela Pereiro

Argimiro López Pereiro

Rego do Eixo, San Fix, 15618 Monfero5253848

11Rego do EixoMonte altoRamón Vázquez PereiroRego do Eixo, San Fix, 15618 Monfero37592

12Rego do EixoMonte altoManuel Marcos MaceirasEstrada da Gándara, 209-1º, 15407 Narón29464

13Rego do EixoMonte altoAntonio Martínez VarelaAv. Ejército, 31-11º, 15006 A Coruña21336

14Rego do EixoMonte altoLeonor Fariña VarelaFonte do Campo, Couces, 8, 15500 Fene681.066

23PinaresMonte altoHros. Antonio Vázquez GómezA Igrexa, San Fix, 15618 Monfero60490

6067