1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: adquisición e instalación de equipamento de transporte e pesaxe de moluscos no porto pesqueiro de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Prazo de entrega: dous (2) meses contados desde o asinamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 4.000.000 de ptas.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa de Sar, nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Telef. (981) 54 63 04, fax (981) 54 62 90 ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Documentación que se presentará: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela) ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.
Admisión de variantes: si.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás dez trinta (10.30) horas do día no que se cumpran tres días hábiles contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir este en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Correrán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1997.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
6307