Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran
nos rexistros da Administración Tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:
Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente arriba indicado, acordou:
«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
Burgos, 20 de xuño de 1997.
Jorge Vallés Jiménez
Xefe provincial de Recadación
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe F. Pro. Ap.
Clemessy, S.A.
r/ Carlos Miralles, 24
Aranda de Duero (Burgos)
A09012527
Sanción Exp.: 1994/1629 C1100096320145691 60.000 21-2-1997
Recursos(6).
Motivos de impugnación(6).
Suspensión do procedemento(6).
Solicitude de aprazamento(6).
Lugar de pagamento(6).
Xuros de demora(6).
Custas(6).
Prazos para efectua-lo ingreso(6).
Comparecencia en forma do interesado(6).
(6) Ve-lo publicado para o primeiro edicto na páxina 7814
5603