Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador de secretaría 107/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se cita a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 107/1997.

Denunciado: Nieves Raído García.

DNI: 32.291.523.

Razón social: Ultramarinos Nieves.

Último enderezo coñecido: Cabanas, 8-baixo, A Coruña.

Comunicación: resolución expediente sancionador.

Cualificación infracción: leve.

Importe sanción: 25.000 ptas. (vintecinco mil pesetas).

A Coruña, 11 de xullo de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

5754