Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/39-2-4706 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Urbanización Pontevella.

Situación: Sarria.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, cunha lonxitude de 180 metros. Centro de transformación de 630 kVA. Liña de baixa tensión aérea en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x150 Al. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x150 Al, para mellora do servicio eléctrico na Urbanización Pontevella, concello de Sarria.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 8 de xullo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5956