Eu, María José Gil Taboada, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número oito dos da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 35/1997-J, promovidos por Pablo Javier Fernández Blanco, representado polo procurador Gabriel Arambillet Palacio, sobre declaración de falecemento de José Antonio Fernández Martínez, nado na Coruña o día 9 de xuño de 1934, fillo de Serafín e Severina, divorciado de Lourdes Blanco Roibal, sendo o seu último domicilio coñecido en Inglaterra, e do que se tiveron as últimas novas no ano 1979.
E para que así conste e lles sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que lles poida interesa-la existencia do expediente para os efectos do artigo 2.042 da lei de axuizamento civil, expido selo e asino o presente edicto na Coruña o nove de xuño de mil novecentos noventa e sete.
A secretaria
Rubricado
5835