Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do parque empresarial de Tui, co seu anexo, presentado por Xestur, S.A., exponse ó público polo prazo dun mes, desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para alegacións ou reclamacións que procedan. O expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para a súa consulta durante o horario de oficina.

Tui, 18 de xullo de 1997.

Miguel A. Capón Rey

Alcalde