Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía-presidencia número 98/97, acordouse prestar aprobación inicial ó estudio de detalle na unidade de execución número dezaoito situada no Camiño do Refoxo, promovido por Serafín Moure Soengas, redactado por técnico competente.

O expediente sométese á información pública por espacio dun mes a partir da inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

Durante o referido prazo poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá consultarse na Secretaría Xeral do Concello de Betanzos (2ª planta Casa do Concello-Praza Constitución 1).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Betanzos, dezaoito de xullo de 1997.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

6221