Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración de utensilios de hostelería. (C.P. 19/1997).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación da subministración: carros e bandexas isotérmicas.

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Orzamento: 11.240.000 de pesetas (IVE incluído).

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 30 días, contados a partir da formalización do contrato.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1, apartado c), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18, apartados d), da Lei 13/1995 citada.

Criterios de adxudicación: 1) Calidade técnica, ata 4 puntos. 2) Importe económico, ata 4 puntos. 3) Asistencia técnica, ata 1 punto. 4) Prazo de entrega, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de Administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional: 2% do importe da licitación correspondente ó lote/s a que concorran. Definitiva: 4% do/s importe/s de licitación do/s que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa a Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 18 de xullo de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

5981