Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 3 de xullo de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Leira (Ordes-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Leira (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 525/1990 do 29 de novembro (DOG nº 248, do 19 de decembro de 1990), que a xunta local da zona, na súa reunión do 1 de xullo de 1997, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Ordes e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricul

tura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

A Coruña, 3 de xullo de 1997.

Vº e Prace:

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5751