A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 23 de xuño aprobou inicialmente un estudio de detalle sobre terreos que dan fronte á praza de Camilo Díaz Baliño (estación de autobuses), promovido por Manuel Alende Ramos e outros, C.B. Coa aprobación inicial do estudio de detalle acordouse a delimitación dunha unidade de actuación e o inicio do expediente de reparcelación dos terreos afectados.
O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.
Tanto a aprobación inicial do estudio de detalle como o inicio da reparcelación levan consigo a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito de actuación que se describe a seguir:
Norte: casas nº 1, 3 e 5 con fronte á praza de Camilo Díaz Baliño (estación de autobuses).
Sur: casa nº 19 da rúa do Tomiño.
Leste: vial rodado municipal que delimita a praza de Camilo Díaz Baliño e prolóngase ata o sur conformando a rúa do Tomiño.
Oeste: traseiras das casas nº 1 á 17 da rúa do Pino.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1997.
O alcalde
Rubricado
6189