Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación de accións de formación para axentes intermediarios correspondentes ó programa Lanza 97.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de accións de formación para axentes intermediarios correspondentes ó programa Lanza 97, para o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 11 01, fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP número 14/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Accións de formación para axentes intermediarios correspondentes ó programa Lanza 97.

b) Prazo máximo de execución: 10 meses desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 3.767.680 ptas. (IVE incluído), desagregado do seguinte xeito:

Lote 1.1.-Curso de técnicos en creación de empresas: 2.152.960 ptas.

Lote 1.2.-Seminarios para a especialización de técnicos de promoción empresarial: 1.614.720 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado: presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegramas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura de ofertas: en acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16, baixo. Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

6177