Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se corrixen erros na do 15 de xullo de 1997, publicada no DOG número 146, pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da subministración de equipos reemisores de TV para a Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG número 146, do 31 de xullo de 1997, este centro directivo:

DISPÓN:

1º.-Na páxina 7.453, no encabezamento desta resolución, onde di: «... subministración de equipos reemisores de TV...», debe dicir: «...subministración de repostos para equipos reemisores de TV...».

2º.-Esta rectificación modifica o prazo de presentación de solicitudes, escomenzando a contar éste a partir do día seguinte da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

6197