Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/117-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a 15/20 kV e C.T. de 400 kVA, travesía San José.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 605 m de lonxitude, que parte do C.T. Icona (Meicende) e final no C.T. que se vai construír tipo interior en conductor R.H.V. de 240 mm Al. C.T. de 400 kVA a 15 kV-B. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña

5771