Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/103-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e 160 kVA e R.B.T. de Ribeiro.

Situación: Cee.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 494 m de loncitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Pontella-Alivia e final no C.T. aéreo que se vai construír de 160 kVA en Ribeiro-Ameixenda e a sús rede de baixa tensión. Concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña

5769