Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/130-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado o proxecto de L.M.T.A. ó C.T.C. Pousada.

Situación: municipio de Oleiros.

Descricións técnicas: modificado 1 o proxecto de L.M.T. ó C.T. Pousada (expediente 25119), co fin de fixa-la distancia do vo 6,5 m ó linde do predio número 2, consistente en: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-56, de 126 m, con orixe na liña existente que alimenta o centro de transformación (C.T.) Pousada e fina no dito C.T. de Pousada. Municipio de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xuño de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña

5773