Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0008054/97, interposto por Suacon, S.L.

O 20 de maio de 1997, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais recibe da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 03/0008054/97, interposto por Suacon, S.L., contra Resolución do 13 de decembro de 1996, que resolve sanciona-la empresa recorrente con multa pola comisión dunha infracción grave prevista no artigo 29 da Lei 14/1985 modificada pola Lei 7/1991.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou o día 25 de xuño de 1997 e de conformidade co disposto no artigo 64, da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. Intentada a notificación persoal desta remisión e devolto polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente resolución, emprázase a Pilar Otero Portuondo (Café Bar Estilo), con domicilio na rúa Camilo José Cela nº 6 de Vilagarcía de Arousa, para que poida comparecer en autos na sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais

5871