Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia consistente no servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa coruñesa.

1. Órgano de contratación:

Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña.

2. Obxecto do contrato:

Servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas costeiras da costa coruñesa.

Nº expte: C-1/1997.

3. Orzamento de licitación:

Sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.) IVE incluído.

4. Garantía provisional:

Cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.).

5. Prazo de execución:

Catro meses comprendidos entre a data do asinamento do contrato e o 31 de decembro de 1997, sen prexuízo do establecido no artigo 72.2.c da Lei 13/1995, do 18 de maio.

6. Procedemento e forma de adxudicación:

Concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

7. Clasificación do contratista:

Non se esixe.

8. Obtención de documentación e información:

a) lugares:

-Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura: Edificio administrativo San Caetano, nº 5, 2º, Santiago de Compostela. Tfno: 54 40 69, fax: 54 50 25.

-Delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo: c/ Palma, nº 4, 36202 Vigo (Pontevedra). Tfno: 81 71 09, fax: 81 71 02.

-Delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro: Avda. Ramón

Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo). Tfno: 55 17 69, fax: 55 17 68.

-Delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña: r/ Ramón y Cajal, nº 1, 5º (casa do mar), 15006 A Coruña. Tfno: 18 20 01, fax: 18 20 27.

b) Data:

Tódolos días laborables, agás sábados, de 9 ás 14 horas, ata o último día da presentación das proposicións.

9. Presentación de ofertas:

a) Lugar: no rexistro da delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en A Coruña (Avda. Ramón y Cajal nº1, 15006 A Coruña) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981-18 20 27) ou telegrama, no mesmo día.

b) Prazo: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

c) Documentación que debe presentarse: a que se indica no prego de cláusulas particulares.

10. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas do terceiro día natural, que non sexa sábado, contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña (Avda. Ramón y Cajal nº1, 15006 A Coruña).

11. Gastos do anuncio:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 24 de xullo de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

5724