Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-167/97 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, de 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convintes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda de la Muralla, 197.

O que se lles comunica dacordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE nº 189, de 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente: P-167/97.

Denunciado: Julio Echeverry Echepare (DNI 34.262.053).

Último enderezo coñecido: Juan Montes 37-baixo-Monforte de Lemos-Lugo.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia, o día 29-5-97 no río Cabe, lugar de Piñeira (marxe dereita)-Monforte de Lemos.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992.

Calificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución logo de aboamento da sanción, están depositadas no posto da Garda Civil de Monforte de Lemos.

Lugo, 4 de xullo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6121