Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.638

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de xullo de 1997 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Por Orde do 15 de abril de 1997 (DOG do 21 de abril) convocáronse bolsas para especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 23 de xuño de 1997 e de conformidade coa base sexta punto 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da dita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación con fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión de selección das bolsas

de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior, esta consellería de acordo coa proposta de resolución elaborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles unha bolsa para especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación obtida:

ApelidosNomeDNIPuntuación

Juncal CaldasLuisa María353081188,27

González GonzálezBegoña353026207,39

Fernández PérezAna353207407,11

Pazos PazosJuan Carlos524931207,01

e nomear como suplentes e na seguinte orde a:

ApelidosNomeDNIPuntuación

Baúlo SantosMaría José768661306,81

Ezcurra de la IglesiaSusana348901856,67

Lago RoucoMaría Jesús360867546,39

Martín SánchezMaría Helena326663006,22

Santorum PérezÁngeles354481776,09

Artigo 2º.-Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomeados pola Comisión de Selección.

Artigo 3º.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 5 de abril de 1997 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición Derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6116