Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 xullo de 1997 pola que se convocan prazas de persoal laboral fixo para o CIS-Ferrol.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca probas de selección para cubri-las seguintes prazas de persoal laboral fixo para o CIS-Ferrol:

a) 1 técnico de contabilidade.

b) 1 xefe de unidade de desenvolvemento de producto.

c) 1 técnico de CAD e prototipado.

d) 1 xefe de unidade de tecnoloxías da producción.

e) 1 técnico do laboratorio de autómatas.

f) 1 técnico superior de tecnoloxías da información.

g) 1 auxiliar administrativo (secretaria/o de dirección).

As retribucións de cada unha das prazas convocadas serán as seguintes:

-Técnico de

contabilidadeMáximo 3.093.992 ptas. brutas anuais.-Xefe de unidade de desenvolve-

mento do productoMáximo 4.500.000 ptas. brutas anuais-Técnico de CAD e

prototipadoMáximo 3.663.400 ptas. brutas anuais-Xefe de unidade de tecno-

loxías da producciónMáximo 5.175.000 ptas. brutas anuais-Técnico do laboratorio

de autómatas máximo3.663.400 ptas. brutas anuais-Técnico superior de tecnoloxías

da informaciónMáximo 3.663.400 ptas. brutas anuais-Auxiliar administrativo

(secretaria/o de dirección)Máximo 2.408.786 ptas. brutas anuais

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas de cada praza:

A) Técnico de contabilidade.

Requisitos mínimos, que deberán acreditarse:

-Licenciado ou diplomado en ciencias económicas ou empresariais.

-Experiencia mínima de ano e medio en contabilidade pública.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática: programas contables públicos, ACCES e EXCEL en contorno Windows.

-Orzamentos públicos e contabilidade pública.

-Plan de contabilidade e normas de contabilidade do Igape.

Valorarase:

-Control e seguimento de execución do orzamento.

-Ter desempeñado funcións de técnico de contabilidade na Administración.

-Capacidade para integrarse en grupos de traballo multidisciplinarios.

-Coñecementos de contabilidade xeral.

-Coñecementos tributarios, con especial referencia a IRPF, a IVE e a sociedades.

-Control de inventarios.

-Control de inmobilizado.

-Control e seguimento de terceiros.

-Control de proxectos.

B) Xefe de unidade de desenvolvemento de producto.

Requisitos mínimos que deberán ser debidamente acreditados:

-Titulación enxeñería superior industrial, especialidade química.

-Experiencia mínima de tres anos como responsable de departamentos técnicos en empresas.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Traballo en redes en contorno Windows.

-Coñecementos sobre a estructura e funcionamento do Igape.

-Coñecementos da empresa galega, con especial incidencia no ámbito da innovación tecnolóxica.

-Coñecementos teóricos de deseño asistido por ordenador (CAD; CAM; CAE) e de sinterizado por láser.

Valorarase :

-Experiencia en xestión de proxectos tecnolóxicos.

-Experiencia como formador e/ou organizador de actividades formativas.

-Capacidade para integrarse en grupos de traballo.

-Experiencia en centros tecnolóxicos ou de deseño.

C) Técnico de cad e prototipado.

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Enxeñeiro superior ou licenciado en ciencias físicas.

-Experiencia profesional de ano e medio, como mínimo, en técnicas de CAD e experiencia en prototipado.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Programas de CAD, RAM, CAE a nivel de usuario.

-Traballo de redes, en contorno Windows.

-Inglés técnico, con nivel adecuado para traducir textos específicos.

-Situación da empresa galega como demandante dos servicios de CAD e prototipado.

Valorarase :

-Experiencia en prototipado rápido sistema SLS.

-Experiencia en centros de innovación tecnolóxica.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

-Coñecementos de francés.

D) Xefe de unidade de tecnoloxías da producción e calidade.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse :

-Enxeñeiro superior industrial, especialidade mecánica.

-Formación específica en calidade ISO 9000, así como en implantación de sistemas de calidade de acordo coa norma ISO 9000.

-Experiencia mínima de cinco anos en postos de responsabilidade en departamentos de producción e calidade.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Conceptos calidade: norma ISO 9000, certificación e auditorías.

-Prototipado e enxeñería inversa.

-Tecnoloxías da unión.

-Loxística de producción.

-Coñecementos de inglés a nivel de conversación.

-Informática a nivel de usuario en contorno Windows e en traballo en rede.

Valorarase:

-Capacidade e experiencia para dirixir grupos de traballo.

-Experiencia en divulgación de temas tecnolóxicos e transferencias tecnolóxicas.

-Auditor de sistemas de calidade recoñecidos.

-Experiencia profesional nun centro tecnolóxico que desenvolva proxectos de investigación aplicada e servicios tecnolóxicos.

E) Técnico do laboratorio de autómatas.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulado universitario, medio ou superior, con especialidade eléctrica, electrónica e/ou automática.

-Experiencia mínima de ano e medio en temas relacionados con autómatas.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Programación de PLC's, especialmente Simatic S5.

-Regulación.

-Comunicación entre PLC's e conexións a outras redes.

-Sistemas de supervisión e monitorización.

Valorarase :

-Experiencia en redacción de artigos de divulgación e comunicados en prensa especializada.

-Capacidade de comunicarse en inglés e/ou alemán.

-Coñecementos en S 7.

F) Técnico superior de tecnoloxías da información.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación superior en enxeñería de telecomunicacións, especialidade telemática.

-Experiencia mínima de ano e medio en traballos relacionados con tecnoloxías da información.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Coñecementos xerais sobre o funcionamento e estructura do Igape.

-Coñecemento dos mecanismos de consecución e xestión de axudas, especialmente das de proxectos tecnolóxicos.

-Coñecemento, manexo e xestión dos sistemas telemáticos e de telecomunicacións de vangarda.

-Dominio do idioma inglés en áreas de telemática e multimedia.

Valorarase:

-Coñecemento, xestión e manexo de laboratorios de redes de ordenadores e multimedia.

-Experiencia en organización, xestión e control de actividades de tipo tecnolóxico e formativo.

-Experiencia en aplicación tecnolóxicas, xestión e desenvolvemento de proxectos de I+D.

-Experiencia en xestión e mantemento das instalacións telemáticas dedicadas a formación e proxectos.

G) Auxiliar administrativo (secretaria/o de dirección).

Requisitos mínimos que deberán acreditarse :

-Graduado escolar ou equivalente.

-Experiencia mínima dun ano e medio en posto similar.

-Coñecementos de galego a nivel perfeccionamento.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Igape, Sodiga, Inesga, BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

-Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

-Coñecementos de informática. Imprescindible o manexo de Word e Excel baixo contorno Windows.

-Coñecementos altos de inglés, falado e escrito.

Valorarase:

-Coñecementos de alemán e/ou francés.

Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica.- Versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cubrir este posto, o que terá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica, poderá realizarse nunha ou dúas fases, ó criterio do comité de selección; neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal aqueles candidatos que superasen as dúas fases da proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, o comité de selección publicará no taboleiro de anuncios do Igape a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal. Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da adecuación deste ó posto de traballo.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

Diego Diz Fernández

Director Xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

5876