Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Centro Social Municipal de Monte Alto.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As97/12.

2. Obxecto do contrato: prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Centro Social Municipal de Monte Alto.

Prazo de execución: un ano prorrogable ata seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: 8.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 170.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1). b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e remata ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da prestación de servicios complementarios para o funcionamento do Centro Social Municipal de Monte Alto».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de xuño de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6077