Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997 sobre autorización de apertura de dous novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sitas nas rúas San Andrés, 82 e Durán Loriga, 1 da Coruña.

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Fco. Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura de dous novos establecementos, na Coruña, nas rúas San Andrés, 82 e Durán Loriga, 1, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo, CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado, xunto coas solicitudes, entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/89, do 22 de xuño.

Resultando que, na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura de dous novos establecementos na Coruña, nas rúas San Andrés, 82 e Durán Loriga, 1, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

6048